ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando. 

 

FÚTBOL

 

Xallas FC, (Preferente Norte)

O Xallas FC anuncianos unha nova fichaxe de cara a vindeira tempada, Adrián Pose, xove dianteiro de 22 anos, que chega procedente do Boiñorto CF da Preferente Norte e que xogou en equipos coma o SD Soneira, Cabana SD, Bergantiños Xuvenil e Deportivo Xuvenil. Dianteiro xove pero de dilatada experienza. Adrián únese no xalleiro a recente fichade do tamén xove dianteiro, Manu Borneiro chegado do Victoria CF, xogador tmén da canteira do Cabana SD e a Uxío López de 28 anos, chegado do Flavia SD, completando así unha tripleta ofensiva de moita calidade para o equipo xalleiro. No capítulo de baixas subliñar a de Marcos Martínez tras 13 anos no clube.

 

CD Baiñas, (Liga da Costa)

Movementos no equipo baiñés para a vindeira tempada ca fichaxe do xove canteirán do SD Soneira, Raúl e a renovación de Héctor González, que se une as renovacións días atrás de Samuel Lema, Esteban Canosa, Rodri e Chrístian Hermida, así como a do adestrador Ángel Insua “Rosqui”.

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

O Muxía CF anuncia as renovacións do tandem técnico formado por Diego Lobelos e Óscar Leis, con Luis Romanía no apartado de base, así coma a dun dos grandes xogadores da costa como é Adrián Alcaina. A eles hai que sumar as xa pubricadas fichaxes de Joselu, o dianteiro vimiancés “Fran-chute”, e a volta de Sergio “Peski”, tras unha tempada sen xogar por estudos no País Vasco.

 

UC Cee, (Liga da Costa)

Tralas anunciadas baixas de Ezequiel en dirección o Xallas FC da Preferente Norte e do meta Joselu ao Muxía CF que milita na mesma liga dos ceenses, o clube da Vila da Xunqueira puxo o acelerador no apartado de renovacións, cas do xa mítico, ainda que continua ao pe do cañón, Leo Picallo, ao que lle seguiron as do adestrador Rafa Suárez, Aitor, Martín, Josiño, Borja Trillo, Luis Lojo e no día de hoxe a do fisterrán, Cote. No que se refire ao equipo feminino, seguirá no banco Rafa Suárez con Isidro Caamaño, e renovan as rapazas : María Lijó, Lucía Barreiro, e Nerea Suárez. 

 

 

SD Fisterra, (3ª División)

Máis despedidas no equipo fisterrán. Se onte anunciábamos a baixa do xove meta Jorge,que fichou polo CF Dumbría, hoxe temos que facer referencia a despedida do outro meta do ano pasado, Albor, así como a dun dos capitáns da pasada tempada como é Pablo Lestón. Lembrar que na pasada semana o clube do Cabo da Fin do Mundo fichaba ao meta Ramón Rodríguez, ex do Deportivo Xuvenil, Fabril e Club Lemos e a de Julián Couto, ex de Bergantiños CF, CF Dumbría e Xallas FC, co que gozou dos derradeiros éxitos da entidade, en liga e na Copa da Costa.

 

CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)

 Segue a traballar o clube mazariquense a un alto rendimento e a recuperar xente da casa. Unha ledicia para a diretiva actual a resposta dos ex da casa que retornan para levantar o equipo as portas do seu 30ª aniversario. Primeiro foron as renovacións de Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo. No capítulo de fichaxes únese o proxecto :  Chiki que o ano pasado non pudo estar co equipo por motivos de estudios, Rachón, lateral ou interior zurdo con moita chegada, que ven dende o Volantes de Baño CF, Alberto “Villa” o equipo despois do seu paso polo Volantes e Outes, Raúl de Atán a qué e a sua casa despois do seu paso polo Lira. Zurdo con velocidade, Moli o ataque dos amarelos despois do seu paso polo Zas, Sandelo despois do seu paso polo Soneira. Calidade para medio campo, e Ferreiro, o de Beba, para a medular.

 

CF Dumbría, (1ª Galicia G2)

Trala fichaxe de Brais, a do xove porteiro Jorge dende o SD Fisterra. Ademáis os dumbrieses renovaron no día de onte ao camariñán Yuyo e ao central Mario, así como a : Xabi, Gusa, Mataso, o meta Ánxo, o coordinador de base, Óscar Léis, a Darío Capelo, David, Rivi, Marcote, Kanario, e a Pablo Paz. No referente as baixas a de Diego Cespón.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

Raúl de Atán deixa o equipo de Lira para voltar o CF Mazaricos, tal e como vos apuntamos máis arriba. No que respecta o resto de movementos hai que sinalar a fichaxe de Juan de Caldebarcos, o meta Alberto Sestayo “Furonciño”, e as renvacións de Eloi Serrano e David Pais. No capítulo de baixas anúnciannos a de Toni de Muros, e a nomeada de Raúl de Atán.

 

SCDR Esteirana, (Liga da Costa)

Dende o clube esteir´án anuncian as renovacións de Raúl Lestón e Pablo, así como as de Samu, Tobi, Dani Corviños e Elías. No capítulo de baixas no equipo das Salinas, a do meta MJ.

 

SD San Lorenzo, (Liga da Costa)

Santi Cambón deixa de ser adestrador dos de Berdillo e despideuse cunha emotiva carta de agradecemento a tódolos que forman o SD San Lorenzo que publicamos en piratasdemuxia.es en exclusiva e que podes ler premendo AQUÍ.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Colaboradores

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies