O SD Camelle a unha semana de desaparecer
Non se presentou ninguén a falla de 4 días para que remate o prazo dado na asemblea de socios do SD Camelle, (3ª da Costa). Rubén Pose que o ano pasado afrontou seguir presidindo o clube, dimiteu na pasada asemblea e puxo como prazo para presentar novas candidaturas a do 29 de Xuño. Segundo nos apuntan dende o clube, ata o de agora segue deserta” a presentación de algún candidato. De non aparecer ninguén o clube sería dado de baixa federativa para a vindeira campaña.
Adrián Lema e Pablo Pose novo corpo técnico do Xallas FC
A nova presidenta do Xallas FC, Beatríz Velo, presentou ao novo corpo técnico do Xallas FC da Preferente Norte que estará formado polo carballés Adrián Lema, ex do Muxía CF e por Pablo Pose.
Julián Ferreiro deixa o CF Dumbría e seu é sustituto Pablo Conde
O adestrador Julián Ferreiro deixa o CF Dumbría tras unha excelente campaña na 1ª Galicia G2. Todo apuntaba a que seguiría no clube dumbriés, pero non será así e a sua decisión e agradecendo o clube o seu trato econfianza deixa o clube. Dende o clube tamén agradecían o traballo desempeñado polo de Negreira, que fixo un xove equipo con moito futuro, que non pasou apuros para aguantar a categoría e finalizando na zona nobre. No seu lugar un da casa será o que tome as rendas do equipo. Pablo Conde collerá as rendas do clube que dí dél que é : “Un gran coñecedor do club, dende alevín coma xogador, pasando polas distintas categorias ata chegar o primeiro equipo, donde chegou a xogar en Preferente. Pensamos que é a persoa ideal e de futuro para o noso equipo. MOITA SORTE!!”, acaban decindo dende o CF Dumbría.
Pleno da RFGF na Costa este martes
Este martes arrincan os plenos territoriais co que se vai celebrar na Costa e maña mércores será a quenda da delegación de Ferrol. Falamos de plenos preparatorios para o plan competicional en cada Delegación con vistas a someterse despois a aprobación da Comisión Delegada e da Asemblea, que terá lugar en xullo en Santiago de Compostela.
O SD Soneira o equipo que máis se move
O SD Soneira está a ser o equipo que máis se está movendo de cara a vindeira tempada, na que de novo militará na 1ª Galicia G2, se a pouco de rematar a tempada confirmaba ao adestrador Pedro Gómez e ao seu segundo, Sergio “Pichón”, e as de Dela Sierra, Pichi e Darío. No tema de altas a volta de Javi “Rubio”, Aarón ou Alberto “Vía”, así como a incorporación de Diego Lois procedente do UD Paiosaco da 3ª División e no que coincideu con “Vía”, así como ca nova incorporación, Javi Alonso “Leilán”, que será outra das caras novas do SD Soneira 2019/20. Tamén chega ao equipo voimiancés o xove gardamallas Benjamín, procedente do San Lorenzo Xuvenil.
O CD Baio perde dos bos xogadores
Comezou o equipo baiés que repite na 1ª Galicia G2 e na que fixo unha excelente tempada, coa renovación do técnico, Pablo Torreira, agora anúnciannos as baixas de Iván Rojo e o meta Dani.
Paulo renova co CD Baiñas que estrea diretiva
O corcubionés Paulo repite para a vindeira tempada na porta do CD Baiñas da Liga da Costa. Asegurase así o clube da parroquia vimiancesa a un dos mellores porteiros da categoría, e que o ano pasado chegou a xogar de campo e ata chegou a marcar. Juan Silva novo presidente da entidade, xa está a mover fíos para confeccionar o equipo da vindeira tempada, no que son baixa segura Javi “Rubio” que asinou polo veciño SD Soneira e Sanchiño, que ocupou o banco trala dimisión de Emilio Corzón.
Dani Suárez fichaxe do CF Mazaricos para a parte técnica
Segundo nos informan dende o CF Mazaricos, que debutará na 1ª Galicia G2, Dani Suárez será o que acompañe a Roberto Amoedo nas labouras da parte técnica do equipo, en detrimento de Cayyetano que era o que ocupaba o banco e ao que dende o clube lle agradecen o “tremendo traballo en todo o tempo que estivo connosco e que foi parte do ascenso”.
Satisfacción no UC Cee de cara a un novo equipo feminino
Tivo estes días o UC Ce unhas xornadas de portas abertas para tratar de pulsar as posibilidades de crear un equipo de fútbol feminino de cara a comezar a competir a vindeira tempada. As xornadas coordinadas polo adestrador do clube, rUBÉN martínez, gozou dunha boa reposta por parte de rapazas da zona e deixou unha porta aberta ilusionante a seguir adiante co proxecto.
AVISO
Nesta sección só poñemos novas dos clubes que eles mesmos, ou algún, xogador, adestrador ou afeccionado nos mandan. Non queremos que se pense que poñemos as noticias duns clubes e doutros non.
++++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es