ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA

 

ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA

 

Dani Calvete seguirá un ano máis no SD Tordoia

O adestrador Dani Calvete seguirá un ano máis na SD Tordoia. O técnico de Buño, que fixo unha extraordinaria co equipo torodiés, recén subido a 1ª Galicia G2, tras confirmarse que continuaba a diretiva que o levou ao clube tordoiés o ano pasado, aceptou a oferta de sguir levando as rendas do equipo.

 

A afección do SD Fisterra “a mellor de Galicia” e renovacións

A RFGF no nome do seu presidente Rafael Louzán ven de informarlle a SD Fisterra do recoñecemento a sua afección como “a mellor de Galicia”, un premio que se lle entregará na Gala do Fútbol Galego que terá lugar o venres 21 de Xuño no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Un acto do que xa vos falamos e que comezará ese día ás 20:00 horas.

Rafel Louzán comunicalle o clube fisterrán que o premio é por : “a sua fidelidade o clube, polo seu ánimo incansable e polo seu comportamneto”.

Este galardón para nosa zona, únese ao que se lle dará ao Outes CF pola sua labor co fútbol base como “Clube Referente do Fútbol Base de Galicia”, e nuns premios onde tamén será recoñecido pola tempada o ED Os Miúdos, así como o propio equipo fisterrán polo título da 1ª Galicia G2. Os fisterráns xa comezaron cas renovacións e se primiero foi Adrián “Makaay” “buque enseña” do clube, esta semana foi Aarón o que asinaba para axudar o clube na Preferente Norte.

 

Rafa Suárez adestrará o UC Cee

Rafa Suárez que xa estaba a levar as categorías inferiores do UC Ce, será o encargado de tratar de devolver a Liga da Costa ao clube ceense. Tras un pase polo SD Soneira na 1ª Galicia G2, para logo axudar na base ceense, rafa volve o primeiro equipo. Dende o UC Ce  ven nél a persoa idonea para : “cambiar la dinámica de los últimos años en el que seguramente habrá muchas caras nuevas y con el que se pretende volver a las raíces de este histórico nuestro Club”.

 

Elena Vázquez do Bergantiños Feminino co Deportivo

A xove canteirá do Bergantiños Feminino CF está a adestrar co Deportivo da Coruña cas miras postas en xogar os días 21, 22 e 23 de Xuño en Abegondo o “I Torneo Nacional La Liga Promises” nas categorías Sub 12 e Sub 13. Un torneo con equipos de toda España e que nace na Coruña.

 

Diego Lois ao SD Soneira

Tras 5 extraordinarias tempadas no UD Paiosaco Hierros Añón, con ascendo incluido a 3ª División na que xogou a tempada pasada e un par de Copas da Coruña, Diego Lois asina pola SD Soneira para axudar a tentar de mellorar a tempada pasada na 1ª Galicia G2.

 

Asemblea de Socios da SCDR Esteirana

A SCDR Esteirana convoca aos seus socios a Asemblea Xeral que terá lugar o 30 de Xuño a partires das 12:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, no Local Social do club. Na xuntanza cos socios darase lectura e aprobación se procede do acta anterior, farase balance de gastos e ingresos, así como no deportivo da pasada tempada e dimitirá a actual diretiva para comezar o proceso electooral. Rematará a xuntanza cos “rogos e preguntas”.

 

Asemblea Xeral de socios do UD Monte Louro

Hoxe venres 14 de Xuño a partires das 21:00 horas terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do UD Monte Louro, 8Liga da Costa). Nesta asemblea que terá lugar no Centro Social de Louro, dimitirá a actual diretiva que preside Juan Manuel Lago, para abrir proceso de eleccións. Na xuntanza farase balance do apartado económico da pasada tempada, así coma do deportivo. Os loureses descenderon esta tempada a 3ª da Costa.

 

Michel seguirá como adestrador do UD Cerqueda

Miguel Sande, “Michel” que na pasada tempada tomou as rendas do UD Cerqueda, (Liga da Costa), no eido de Raúl Periscal, (ao que lle mandamos un saúdo), facendo as veces de xogador e adestrador, segundo nos informan do clune cerquedense, tomará en exclusiva a faceta de adestrador e de momento colgará as botas para adicarse a dirixir.

 

Nova diretiva e novos adestradores para o Muxía CF

Pulsa AQUÍ, para ver o artigo con todo sobre a nova diretiva que presidirá Juan José Busto e os adestradores para o equipos senior e os de base : Diego Lobelos, Óscar Leis e Fabián Gómez.

 

Xuntanza de xogadores do SCD Buño cos socios en Buño

Preme AQUÍ para ir o artigo con toda a información da xuntanza en Buño, onde as augas volven a andar revoltas.

 

MÁNDANOS AS NOVIDADES DO TEU CLUBE

Como cada ano para evitar que nos digan que poñemos duns clubes si e doutros non, neste apartado de escolmas breves, só poñemos as novas que nos mandan os propios clubes, xogadores, afeccionados ou usuarios da web que sexan verificadas. Todo aquel que nos queira facer chegar algunha novidade do seu clube non ten máis ca mandárnola ao noso email : admin@piratasdemuxia.es ou o whatsapp : 626 72 00 47, así coma por medio das nosas redes socias, que tedes o enlace direto máis abaixo.

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies