Camelle e Muxía veranse as caras no Rodeiro na 13ª xornada.
Primeira xornada da Liga da Costa
A Liga da Costa 2023/24 comezará o vindeiro 17 de Setembro, a semana seguinte a Romaría da Barca, e rematará o 12 de Maio de 2024 no que se refire a sua fase regular. Un total de 16 equipos conforman a competición que ten así a 1ª xornada :
Cee-Volates
Baiñas-Camelle
Camariñas-Mazaricos
Ponteceso-Corme
Muxía-Porteño
Castriz-Outes
Muros-Coristanco
Monte Louro-Cabana
CALENDARIO : PREME AQUÍ
Primeira xornada da 3ª da Costa
O final o Porteño non sacou equipo filial o non sumar os suficientes xogadores como para ter un equipo de garantías para toda a tempada e serán 15 os equipos que saian de partida na 3ª da Costa 2023/24. Destacar a chegada do Sofán B, e a do Soneira, que como xa vos temos informado renegou a xogar na 1ª Galicia o non sumar un equipo como para facerlle fronte a categoría. Por temas parecidos cae a esta categoría o Xallas, neste caso o non se inscribir na 1ª Galicia. O ser impares cada semana descansará un equipo, sendo o Cerqueda o primeiro en descansar, polo que debutará na segunda xornada. Outra curiosidade desta tempada é que son tódolos equipos da parte norte da Costa, agás o CF Lira que se pasará toda a liga con desprazamentos bastante longos, na sua maioría. A liga o igual ca Liga da Costa, comeza despois da Romaría da Barca, o 17 de Setembro e remata o 12 de Maio do 2024.
Pereiriña-Zas
Corcubión-Laxe
Nantón-Buño
Seaia-Malpica
Sofán B-Soneira
Oza-Xallas
Lira-Ameixenda
Descansa : Cerqueda
CALENDARIO : PREME AQUÍ
O Baiés Manuel Espasandín novo delegado arbitral da Costa
O colexiado de Baio, Manuel Espasandín Romar é o sustituto do carballés Vitor Recarei na delegación arbitral da costa, un posto que estaba vacante dende a renuncia de Recarei xa fai uns meses.
Amigable do Fisterra e Muxía femininos
Este vindeiro Domingo 27 de Agosto o SD Fisterra e o Muxía CF femininos xogan un amigable no Arasolis de Fisterra a partires das 19:00 horas. Ambos son equipos novos na categoría e a espera de como reparta a RFGF o máis probable é que ambos comecen na 3ª División Feminina Galega no mesmo grupo. As fisterranas teñen como adestrador a Fran, namentras que as muxianas teñen o tandem, Congui-Pose, ambos xogadores do primeiro equipo muxián.
Hoxe amigable antre San Lorenzo e Club do Mar
O SD San Lorenzo de Berdillo xoga na tarde de hoxe, a partires das 20:30 horas, un amigable de preparación nas Pedreiras, ante o Club do Mar de Caión. Os berdilleses xogarán esta tempada na 1ª Galicia G2 a Costa/Santigo. Unha liga que comeza o 10 de Setembro e na que visitarán o CF Dumbría, no primeiro derbi costeiro da categoría.
Nantón e Cabana no “Memorial Julio Díaz”
Mañán sábado a partires das 12:00 horas terá lugar no Campo As Fontiñas o 9º Memorial Julio Díaz Lema, o CD Nantón disputará o trofeo ante o veciño Cabana SD, en lembranza da lenda do clube nantonés.
Amigable na Ponte do Porto antre Porteño e Cee
Pasado mañán Domingo 17 de Agosto terá lugar no campo de A Grixa un amigable de preparación para a liga antre o CF Porteño, recén ascendido a Liga da Costa, e o UC Cee, equipo desta mesma liga. O choque comezará ás 19:00 horas e valerá para ir vendo a evolución das novas fichaxes de ambos clubes.
Toma forma a Escola de Porteiro José Sambade en Dumbría
Aberto o prazo de inscricións para a nova Escola de Porteiros José Sambade, que se desenrolará no Municipal do Conco en Dumbría. O propio José Sambade será o encargado de impartila con Fran Martínez como coordinador. Será a partires do 2 de Outubro os luns e mércores. Teñen duas opcións, a de collero os dous días ou só un e as inscricións poderan facerse en www.escueladeporteros.com.
Trofeo Concello de Dumbría este vindeiro sábado
Mañán sábado 26 de Agosto terá lugar o Trofeo Concello de Dumbría, coincidindo cas festas do pobo. O CF Dumbría enfrontarase no Conco ao Brexo Lema a partires das 18:30 horas.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”