ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL COSTEIRO

 

Unha semana máis para saber o futuro do SD Camelle

Esta pasada fin de semana era a data fixada pola diretiva sainte do SD Camelle, (3ª da Costa), pero deron unha semana máis e o vindeiro sábado 6 de Xullo terá lugar unha xuntanza no campo do “Rodeiro” ás 12:00 horas. Parece que hai quen está buscando quen se faga cargo do clube, para seguir competindo nunha 3ª da Costa que volve a ser atractiva para os camelláns cos veciños FC Camariñas e CF Porteño en liza na mesma liga. O presidente sainte Rubén Pose está desexando que apareza alguén que se faga cargo, de non chegar ningunha candidatura procederíase a dar a baixa federativa dun dos clubes históricos da costa.

 

 

José Barca colle as rendas do CD Baiñas

O carballés José Barca que a pasada tempada colleu no treito final ao Sporting Zas e consigueu salvarlle a categoría é, segundo nos informan dende o clube, o novo adestrador do CD Baiñas, (Liga da Costa). Como segundo de abordo o técnico carballés terá o pontecesán, Marcos “Curro”, co que xa comparteu banquillo no SD Ponteceso. Segundo comentan dende o clube baiñés : “Botamos a andar con toda a ilusión do mundo esta nova tempada, e facémolo da man de José BARCA coma xefe de filas dende o banquiño. Avalado pola súa experiencia e bo facer, confiámoslle o timón do Baíñas sabedores de que nos levará a bo porto. Desexámoslle toda a sorte do mundo entre nós!. O seu éxito será o noso”. 

 

 

Gran número de renovacións e duas novas altas no Xallas FC

Dende o responsable de prensa do Xallas FC da Preferente Norte, chéganos a información das renovacións de : Álex Blanco, Baba, Carlos, Doro, Jacobo, o meta Julián, Coke, Marcos, Peke, e as altas de Juan Lagoa, que deixa o SD Coristanco e Marcos Mouro que retorna ao equipo no que se formou antes de dar o pase o CF Dumbría. A istas novidades hai que engadirlle as altas do adestrador Adrián e o seu segundo Pablo, das que xa vos demos información a pasada semana.

 

 

Juan Porrúa novo adestrador do UD Monte Louro

Juan Porrúa é o elixido para suplir no banco do UD Monte Louro, (3ª da Costa) a baixa de Óscar Leis, que asinou polo Muxía CF facendoi tándem unha vez máis con Diego Lobelos co que trunfou no fútbol base do CF Dumbría con moitos muxiáns nos planteis. O equipo lourés confía no muradán Porrúa para retornar a Liga da Costa : “Dende a Xunta Directiva da UD MONTE LOURO poñémonos a súa disposición para todo o que necesite dentro das nosas posibilidades, desexándolle os maiores éxitos, que tamén serán os nosos.
MOITA SORTE “MISTER”, coméntannos dende o propio clube.

 

 

Renovacións e altas no SD Castríz

O SD Castríz estase a reforzar para a sua volta a Liga da Costa que consigueu vía promoción, tras unha excelente campaña. O equipo de San Pedro de Castríz anúncianos as renovacións do seu “buque enseña” e máixmo golador da 3ª da Costa o ano pasado e un dos máis goleadores das ligas Galegas, Sebas. Tamén renovan, Diego García, e Iván Pastoriza,  e as altas de Rubén, procedente do Castrelo, Fran Fajín, Pablo Martínez, e Adrián Forján.

 

 

Rubio deixa o Sporting Zas senior para irse o de Veteranos

Así despiden a Rubio dende o Sporting Zas : “Hoxe e un día duro para todos, para el porque tomou unha decisión complicada e moi meditada; para nos, porque perdemos o buque insignia do noso club. Hoxe, Rubio decide colgar as botas a nivel afecionado. Non hai mellor foto para enmarcar esta despedida por 3 motivos: por ser o último partido ca nosa camiseta, por inaugurar o novo San Andres cun gol e por quen lle acompaña na foto!. O que se subiu o equipo a espalda estes ultimos anos e exerceu de capitan; o que deixo a pel, algunha vez literalmente por esta camiseta; o que deu absolutamente todo por este club!. Despois dunha vida adicada a nos, vaise con ligas desde ben cativo hasta da costa, con unha copa da Costa, cun trofeo Neria, con ascensos, descensos…con experiencias que o fixeron ir crecendo o tempo que facia historia neste club!. Hoxe envidiamos os Veteranos porque se levan a un dos mellores xogadores dos casi 45 anos deste equipo. Dendo logo o unico que podemos facer e estarlle agradecidos por non tirar a toalla, por loitar o noso lado e por querer a esta camiseta e a estas cores eternamente!…Ata sempre CAPITÁN!!!”

 

O Fisterra equipo máis deportivo

Segundo nos informan dende o clube fisterrán que a vindeira tempada xogará na Preferente Norte tras como xa sabedes ser campión da 1ª Galicia G2 2018/19, na Gala da Arbitraxe Galega celebrada a pasada fin de semana na Coruña, recibiron o trofeo ao “Clube máis deportivo”, xa que os rapaces de Ángel López foron o equipo que veu menos cartóns da categoría. O trofeo foilles entregado na gala polo colectivo arbitral. Un novo logro para o equipo fisterrán e para o fútbol costeiro. 

 

 

Renovacións no Volantes de Baño CF

A boa tempada, “histórica” do Volantes de Baño CF que pro primeira vez na sua historia disputará a 1ª Galicia G2, non da pé a descanso e o clube sabedor de que moitos dos seus xogadores son apetecibles por outros clubes polas excelentes prestacións tidas a pasada tempada, están a renovar o groso da plantilla. Polo de agora os que xa foron de novo enrolados para unha nova marea son ademáis de todo o corpo técnico con José Manuel “Sil” a cabeza, seguen : Juan “Rachón”, Ángel “Pesco”, Godofredo, Álex, o meta Marcos e volve tras recuperarse dunha lesión grave de xeonllo, José. Tamén hai que decilo Bernardino Caamaño seguirá no cargo de presidente trala asemblea da pasada semana e terá como  vicepresidente a Juan Alberto Fernández, na secretaría, a Noelia González. Tesoureiro, Ángel “Pesco”,e como vocais a Ricardo Romaní, José Manuel Barreiro, Juan José Pais e Manuel Lamela.

 

 

Festa fin de tempada do Atlético arteixo

Segundo nos informan dende o Atlético Arteixo : “Este venres, 5 de xullo, celebraremos a tradicional festa fin de tempada. Será a partir das 20:00 horas no campo “Municipal Ponte dus Brozos”, onde están convidados todos os xogadores e corpo técnico do club. Tamén esperamos a asistencia de familiares, socios e demáis simpatizantes, que por un módico prezo poderán saborear a típica churrascada, que xa é habitual neste tipo de celebracións”.

 

 

Fondo pesar polo pasamento de Bruno Castro

Onte chegábanos por medio dos amigos de Protección Civil de Muxía a nefasta nova do pasamento do xogador do SD Ameixenda, Bruno Castro, en accidente de tráfico e dábamola a coñecer. A nova corría como a pólvora, como acostuma a pasar nestes dramáticos casos. O pesar foi e é moi fondo, por ser un xove e ademáis moi coñecido polo fútbol e por traballar de camareiro en bodas e banquetes. Seguimos de loito por iste caso na nosa web, e dar no nome do clube e dos seus amigos e familiares as gracias ós numerosos mensaxes de apoio, pena, dor e ánimos para tódolos seus, que queden aquí patentes estas mensaxes para todos eles, e aos que nos unimos unha e mil veces, (D.E.P.).

 

 

AVISO

Nesta sección só poñemos novas dos clubes que eles mesmos, ou algún, xogador, adestrador ou afeccionado nos mandan. Non queremos que se pense que poñemos as noticias duns clubes e doutros non.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies