ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL COSTEIRO :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando. 

 

FÚTBOL

 

Xallas FC, (Preferente Norte)

Tres fichaxes máis para o Xallas FC, ca chegada de Óscar Elías, lateral dereito chegado dende o SD Flavia e a de Josito Eizaguirre mediocentro procedente do Ural da División de Honra Xuvenil. e Álex Díaz, meta procedente do Compostela Xuvenil.

 

SD Ameixenda, (3ª da Costa)

Tocou Asemblea Xeral de Socios este sábado no equipo ameixendés, na que se deu conta do que deu de sí a pasada tempada no deportivo e no económico. O pasado ano o clube da parroquia ceense comezou un proxecto basado en xente xove coa idea de formar unha base sobre a que construir un equipo para loitar polo ascenso a Liga da Costa. Na asemblea tamén se abreu, por fin de mandto, unhas posibles eleccións dado que os que están teñen idea de seguir.

 

SD Camelle, (3ª  da Costa)

O vindeiro sábado 11 de Xullo terá lugar no campo do “Rodeiro” terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do SD Camelle en primeira convocatoria ás 19:30 horas e media hora máis tarde en segunda, coas prevencións pertinentes polo COVID-19. Nela farase balance deportivo da pasada tempada no apartado económico e deportivo e darase conta dos trocos que poida haber na diretiva, así coma os habituais “Rogos e preguntas”.

 

SD Ponteceso, (Liga da Costa)

Tivo lugar o pasado venres 3 de Xullo no Municipal “O Pinguel”, a Asemblea Xeral de socios da SD Ponteceso, e así nolo contan dende o equipo da “Vila de Pondal” : “Cerramos a semana co peche a esta temporada 2019/2020, atípica e especial, trala realización este pasado venres da Asamblea anual dos socios. Xuntamos cerca de 40 personas, seguindo as medidas de seguridade nesta “nova normalidade”, mantendo a tendencia dende o ano pasado dun maior interés neste evento, respecto aos anos anteriores, nos cales a asistencia era prácticamente nula. Fíxose o balance da temporada, informouse sobre a posible temporada que vén, así como os balances económicos, finalizando con suxerencias e dudas dos asistentes. Gracias a tod@s @s asistentes por involucrarse e seguir confiando en que se poden facer as cousas cada vez mellor. Nós continuaremos traballando para intentar conseguilo”.

.

.

SD Fisterra, (3ª División)

Celebrou este pasado sábado o equipo fisterrán o ascenso a 3ª División, no “Arasolis”, e gardando as medidas de precaución estabrecidas. Non puido ser cando se lles anunciou, polas restriccións do confinamento, durante o cal nos chegaban celebracións de xogadores e afeccionados de maneira individual, pero desta vez puideron celebralo en conxunto. Unha vez máis a nosa máis cordial noraboa, e que o vindeiro ano chegue outra vez cargado de éxitos.

 

UD Paiosaco Hierros Añón, (3ª División)

Nova incorporación no clube “peisaqués”, coa chegada do xove extremo de 23 anos de idade, Jorge Modia, que chega procedente do Atlético Bembibre da 3ª División Leonesa.Ademáis tal como xa vos informamos, o equipo feminino anunciounos a fichae de tres rapazas da Costa : Lucía, Nuria e Paula

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

Máis renovacións No Muxía CF. Tralas do xogador, Manu Nogueira, os técnicos, Diego Lobelos, Óscar Leis, e Luis Romaní. Os xogadores : Adrián Alcaina, Jose Sar “Conguito”, Tati, Julián e Mauro, ademáis das fichaxes do meta fisterràn Joselu, o dianteiro vimiancés “Fran-chute”, e a volta de Sergio “Peski”, desta volta son Isma Pose, Abel e a do técnico dos infantís, Fabián Gómez.

 

CD Baio, (1ª Galicia G2)

Comezan con forza os movementos no clube baiés no que Pablo Torreira seguirá un ano máis dirixindo aos branquiazuis dende o banco e xa ten a varios renovados como son o gran capitán e buque enseña, Martín MC, e os seus compañeiros de navegación Bieito e Manu Santiso.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/colaboradores/clubes

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.