Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.
O Sporting Zas feminino cae nos penaltis no “I Torneo A Baña”
O Zas disputou o torneo que realizaba por primeira vez o SD A Baña e no que participaron o Bastavales, Arzúa e as anfitrionas A Baña, nun formato de liga para despois enfrentarse en semifinales e final.
Os resultados da liguilla para as rapazas que dirixe Ánxo Garrido foron :
Sp Zas 2-0 A Baña
Sp Zas 1-0 Bastavales
Sp Zas 1-0 Arzúa
Pasaron primeiras de grupo para xogar as semifinais contra o Bastavales o que derrotaban por 3-0. Chegaron a unha final vibrante contra o Arzúa que rematou con empate a dous, (2-2). Na tanda de penaltis a sorte caeu da parte das da Terra do queixo. “Este torneo serviu como despedida de tempada, pero como benvida de novas xogadoras o club que demostraron a sua valía dentro e fora do campo”, coméntanos Ámxo Garrido.
Festa Fin de tempada do CF Muxía
Onte sábado 28 de Xuño, o CF Muxía primeiro fíxolle unha festa de despedida aos máis cativos no Municipal da Arliña, para logo xa pola noite na Lonxa de Muxía asar para os maiores e rematar a festa cunha festa cun Dj.
Xiana Lago e Ánxo Lado trunfan nos campionatos galegos
A ceense Xiana Lago e o vimiancés Ánxo Lado, trunfan nos Campionatos Galegos Absolutos de Atletismo disputados este sábado 28 de Xuño en Compostela. A ceense levábase o ouro en lanzamento de peso autonómico cun lanzamento de 13.01 e pola tarde repiteu pero desta vez en lanzamento de disco cun lanzamento de 37,76 metros. Xiana Lago compite co Club Ría de Ferrol. Pola sua banda o vimiancés Ánxo Lado que compite co clube Olimpiaacadaba o bronce na carreira de 800, tras entrar ao mesmo tempo co segundo, Pérez Outón, (1´51´´98).
Derradeira xornada do Torneo do Cabana SD
Tras un exitoso sábado de fútbol base do “XV Torneo do Cabana SD” no “As Redondas” con encontros durante todo o día das categorías alevín e cadete, tal e como vos temos informado, hoxe tamén duarnte todo o día terán lugar os encontros das categorías benxamín.
O Fisober posicionase en defensa da disputa dos Campionatos de España de base
Ante o anuncio da RFEF de non facer os Campionatos de futsal base o Fisober FSF que ven de acadar na categoría alevín bilatemente o Campionato de España de Ftusal Sub12, posicionase na campaña “El Futsal no se toca”, a que se acolleron máis de 300 clubes de toda España para meter o berro no aire de que queren que se sigan disputando estes torneos.
Saray Duarte a Selección Española de Fútbol Praia
A xogadora en futsal do Fisober FSF i en fútbol 11 do UC Cee, Saray Duarte, (Baíñas-Vimianzo), foi convocada pola Selección Galega de Fútbol Praia Sub20, para a disputa do Campionato de España 2025 que se celebrará as primeiras semanas de Xullo en Cádiz.
O CF Dumbría incorpora a Berto Fandiño
O CF Dumbría anuncia o retorno do xogador nado en Ce e que xa militou no clube dumbriás, Berto Fandiño, para o desembarco na vindeira tempada na Preferente Norte. Berto é irmán da xogadora do CF Dumbría Feminino, Paula Fandiño.
Festa Fin de tempada do CF Dumbría
Onte sábado 28 de Xuño, tivo lugar no Municipal do “Conco” a festa de peche da campaña do CF Dumbría onde se reuniron tódolos equipos da disciplina dumbriesesa que esta pasada tempada fixo un curso histórico con numerosos títulos de liga e copa destacando o fito de acadar tódalas Copas da Costa de fútbol 11, (senior masculino e feminino, infantil, cadete e xuvenil).
SD Sofán : Álex Sánchez renova e ficha Julián Cortés
O central Álex Sáchez, (29/05/2004-Muxía), seguirá defendendo unha tempada máis as cores do SD Sofán no Grupo Norte da Preferente. O xogador muxián foi un dos destacados do equipo sofanista desta pasada tempada na que loitou polo ascenso a 3ª RFEF quedando apeado na promoción tras unha arbitraxe moi polémica. Álex formouse no CF Muxía no que comezou con 8 anos e o que deixaba camiño dos 12 para enrolarse no UC Cee no que estivo 4 tempadas para de aí na 2022/23 dar o salto ao Bergantiños FC, no que tras unha tempada voltou ao CF Dumbría na 1ª Galicia G2 e de aí ao SD Sofán para competir na Preferente na que a vindeira tempada se topará cos dumbrieses ascendidos esta tempada. Tamén anuncia o SD Sofán que acaba de fichar a Julián Cortés, (A Coruña 2004), procedente do Steyr austriaco no que xogou na 3ª División daquel pais, pero que se formou no Orillamar, Montañeros, Silva e Paiosaco.
Duas altas e renovacións no Camariñas FC
O Camariñas FC que a vindeira tempada sairá a competir na 1ª Futgal G2 acaba de fichar aos xogadores Ánxo López e Asier. O primeiro chega procendente do UC Cee e xa coñece ben o Vicente Carril dado que comezou a sua andaina deportiva no EF As Baleas, pola sua banda Asier acaba etapa de xuvenil e seguirá formando dos de Juan Cabrejo, que continuará o mando do barco camariñán. Tamén nos anuncian a baixa de Manuel e as renovacións de Roi Carril, Carlos González, Jorge Vázquez, Soule, Pablo Novo, Martín Tajes, e Mouriño, así como a continuidade no corpo técnico de Pepucho e Faustino
XXV Torneo de Fútbol Base do Cabana SD
Tal e como xa vos informamos ampliamente, esta vindeira fin de semana terá lugar a 15ª edición do Torneo de Fútbol Base do Cabana SD o máis sobranceiro e de maior magnitude dos que se celebran na Costa da morte e un dos maiores a nivel galego. Un total de 64 equipos de base inundaran o “As Redondas”, (Cánduas-Cabana de Bergantiños), este sábado 28 e Domingo 29 de Xuño. Toda información dos encontros, data e horarios PREMENDO AQUÍ.
I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”
Sigue aberto o prazo de inscrición para o I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”, que orgañiza o CF Cances e para o que xa hai varios equipos da bisbarra, de Galicia e de fora, coma o Deportivo de Veteranos, os Peloteros de Granada, Juventus de León, o Zamora, ou o Rivera de Ourense. Toda a información PREMENDO AQUÍ.
Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”
Aberto o prazo para incricións para o XVII Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”, que volve tras 4 anos de parón e farao como parou, cos encontros no Campo do Busto en Santa Sabiña, 8Santa Comba). O prazo para inscribirse remata o 10 de Xullo ás 21:00 horas e o sorteo dos enfrontamentos será unha hora despois no Bar “O Campo” no lugar de O Busto. Teléfono de inscrición: 676 956 120 (David). Toda a información PREMENDO AQUÍ.
Renovacións no San Lorenzo
O San Lorenzo de Verdillo xa traballa na vindeira tempada na que volta a Liga da Costa tralo descenso da 1ª Futgal G2, e o primeiro que fixo foi dar continuidade ao bo traballo que fixeron Iván Rojo e Álex Canteiro no banco. Collérono nun intre moi difícil e conseguiron que o equipo competise e voltase a disfrutar de algunha vitoria nunha tempada moi dura. Tamén anunciaron as renovacións dos xogadores, Pablo Garrido, Álex Taibo e Iago López.
II Torneo Costa da Morte e Trofeo Federación de Aire Libre
O club de arco de Corme, “Flechas por un tubo”, orgañiza o 5 e 6 de Xullo a segunda edición do Torneo Costa da Morte de tiro con arco, conxuntamente co gallo da celebración do Trofeo Federación desta modalidade deportiva, como xa o fixeron o pasado ano. Toda a información PREMENDO AQUÍ.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Información recibida vía : Whatsapp, Gmail, e Messeger.



