Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.
Noe Iglesias, (azul), nun encontro do Began B.
Noe Iglesias nova adestradora do CF Muxía Feminino
O CF Muxía que preside Juan José Busto ven de anunciarnos a nova adestradora do equipo feminino que este ano militará na 2ª Galega Feminina G1, xunto o CF Dumbría, UC Cee, e SCDR Esteirana. Trala renuncia de Isma Márquez a continuar no banco tralo ascenso e o subcampionato da Copa da costa, a nova inquilina do banco muxián non será outra que Noe Iglesias, que o ano pasado dirixeu ao filial do Bergantiños, rival das muxianas na 3ª Galega Feminina G2, sendo as carballesas unhas das animadoras da liga e loitando ata o final por colarse no podio da liga. Pablo Corgo “Djalma” será o adestrador do Bergantiños Feminino B no eido de Noe.
Lau Doce nova xogadora das muxianas
O primeiro reforzo para o proxecto de Noe Iglesias é o da xogadora ferrolana Lau Doce que trinfu no futsal co Viaxes Amarelle FSF no estivo 4 tempadas sendo elixida a mellor xogada da tempada en 3 delas e no que foi compañeira de Patri Romaní, ambas capitanas do equipo coruñés.
II Campus de Fútbol do UD Monte Louro
Desde hoxe e ata o 8 de Agosto terá lugar no Agra de Filgueira, (Louro), o “II Campus de Tenificación de Fútbol do UD Monte Louro”, que terá un horario diario de 10:00 a 13:30 horas. Os fins deste campus son, mellorar a técnica individual e aplicación o xogo colectivo e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 15 anos de idade que terán de inicio o agasallo da equipación e serán levados por adestradores titulados. Ademáis da tecnificación deportiva disfrutarán de actividades lúdicas e cada día un tentempé.
O Camelle ultima os traballos no “Rodeiro”
O SD Camelle leva 3 semanas de semanas traballando a reo no “Rodeiro”, coa colocación do novo drenaxe do campo, nuns traballos en conxunto co Concello de Camariñas e no que instalaron en “zig zag” de portería a portería 500 metros de tubo de canalización com malla, murrillo e tralo posterior tapado trillouse e plantarase o céspede.
I Memorial Manuel Varela Pose
A Asociación Nosa Señora do Faro, (Brantuas), anuncia para o vindeiro sábado 2 de Agosto un triangular de futsal no “I Memorial Manuel Varela Pose antre os equipos de veteranos, Ponteceso SD, Corme CF e Brantuas SD. Terá lugar no Polideportivo de Chenlo e comezará ás 10:00 horas. A esa hora comezarán a disputa do trofeo o Brantuas e o POnteceso, para unha hora despois enfrontarse o Corme e o Brantuas e finalizar ás 12:00 co Ponteceso-Corme. Dirixirán os encontros os árbitros, Castiñeira e Fiz. Xa pasada a entrega de trofeos, que está para ás 13:00 horas haberá como colofón unha churrascada, (20€), para a que os que queiran participar terán que apuntarse antes do 30 de Xulllo nos teléfonos : 619 30 57 47 e 608 92 72 90.
O Castriz refórzase con
O SD Castriz sigue tomando forma de cara a unha nova andaina na Primeira Futgal G2 e trala confirmación de Miguel Chouza o fornte do equipo a mediados de mes, pasouse as renovacións de pesos pesados coma Adrián García, e Josiño Rey e as incorporacións do lateral Fabio Barbeira, xalleiro procedente do Mazaricos, do meta Iker Muiño, campión da Copa da Costa xuvenil co CF Dumbría, e agora anuncian a fichaxe do dianteiro Juanjo Díaz, afincado en Santa Comba e que ven de facer dobrete co CF Dumbría senior.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”