O CF Muxía xoga este venres co RC Deportivo Xuvenil
O CF Muxía que se atopa en plena renovación dos planteis do equipo senior masculino, que xogará un ano máis na Primeira Futgal G2, e do feminino que debutará na 2ª Galega Feminina G1. Días atrás xa vos informábamos de que Noé Iglesias será a adestradora das rapazas ante a decisión de Isma Márquez de non seguir tras acadar o ascenso e ser finalistas da Copa da Costa. En cuestión de altas no equipo feminino ademáis da adestradopra ex do Bergantiños B, está a meta muxiana Sheila Rey e a ex do Viaxes Amarelle FSF, Lau Doce. No equipo masculino como altas a do ex do Dumbría Brais Fernandez e a do muxián Ánxo Pose, tamén desde o Dumbría. Ánxo terá a oportunidade de voltar a xogar co seu irmán. No apartado de baixas está a do meta Adrián Suárez. O equipo senior xogará este vindeiro venres un amigable na Arliña fronte o RC Deportivo Xuvenil “A” que adestra o mazariquense Miguel Figueira, neste encontro terá uns minutos o muxián Raúl Lema e de seguro que o clube muxián faralle unha homenaxe en forma de minuto de silencio a Manolo Martín que nos deixaba fai uns días e do que xa vos falamos, a idea do clube e ra facer un acto pero a familia prefire deixar pasar estes duros momentos. Gran benefactor do clube do que era o socio número 1 e vicepresidente honorífico e tamén gran benefactor do pobo. O encontro contra o xuvenil deportivista será este vindeiro venres 8 agosto a partires das 19:00 horas.
Empate no “XIII Memorial Pedro Caamaño”

O CD Baiñas xa ten nova diretiva
Trala asemblea do 22 de xullo dimitía con caracter irreversible a diretiva do CD Baiñas que milita na 3ª da Costa, polo que quedaba un vacío que si ninguén collía o equipo veríase avocado a desaparición, ata que no día de onte lanzaban un comunicado oficial nas suas redes e que nos facía chegar un siareiro e no cal ainda que non aparecen os nomes e cargos dos que forman a nova diretiva si que podemos ver que está o fundador, Juan Silva, e o seu carón Luis Capelo, no grupo de 10 persoas.
Leo Picallo e Adrián “Makaay” adestradores do SD Fisterra
O corcubionés Leo Picallo da o salto os bancos ao igual ca Adrián “Makaay”, pois ambos farán tandem, trala renuncia de Nacho por “motivos profesionais” tal e como anuncia o SD Fisterra que un ano máis xogará na Primeira Futgal G2.
Sorteo do “I Torneo de Veteranos da Costa da Morte”
Este pasado mércores tivo lugar o sorteo do “I Torneo Intenacional de Fútbol de Veteranos Costa da Morte” e así nolo conta Yolanda que xunto con Rebeca son as cabezas visibles deste traballo de todo un ano que xa enfila o seu final coa festa do fútbol de veteranos : “vivimos un deses momentos que quedan gravados no corazón, fixemos o sorteo do I Torneo de Veteranos Costa da Morte, acompañados pola nosa princesa Daniela e a súa nai Noelia, quen con tanta forza e tenrura nos inspiran cada día. A súa presenza, xunto cunha man inocente, encheu de emoción este inicio de torneo tan especial. Queremos dar as grazas ao Concello de Carballo, a todos os colaboradores e aos equipos participantes por facer posible este evento solidario, que vai moito máis alá do fútbol.
Unímonos por unha causa xusta: apoiar á Asociación Princesa Rett e seguir loitando por un futuro cheo de esperanza para todas as nosas pequenas loitadoras”.