ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA : CF MUXÍA, CAMARIÑAS FC, UC CEE, MANUEL ESPASANDÍN…

Eva Lema desde o Lago con Muxía o fondo.

Eva lema ficha polo CF Muxía

A xogadora de Merexo, (Muxía), Eva Lema xogará a vindeira tempada no CF Muxía que dirixirá este ano Noe Iglesias, ex do Bergantiños B. O CF Muxía sairá a competir por primeira vez na 2ª Galega tralo ascenso acadado o pasado ano. A xogadora merexana é unha gran incorporación para o clube muxián i é unha enorme baixa para o CF Dumbría do cal procede e co que gañou a pasada Copa da Costa e concretamente contra as que serán as suas novas compañeiras.

 

Triple enfrontamento antre o Muxía e o Camariñas

O CF Muxía senior que a vindeira tempada xogará na primeira Futgal por segundo ano consecutivo, ten un amigable o vindeiro venres 15 de agosto contra o SD Urdilde na localidade santiaguesa do mesmo nome. O domingo 17 terá un triple enfrontamento contra equipos do Camariñas FC. As 11:30 horas xogarán os infantís de ambos clubes, ás 17:00 os cadetes e ás 19:00 os senior, que este ano serán adversarios na Primeira Futgal que comeza a primeira semana de setembro. 

Apoio a Manuel Espasandín

Tal e como recolle José Manuel Ferreiro na sua páxina de Facebook, Manuel Espasandín cesado como subdelegado dos colexiados da costa dunha maneira máis ca rara e irrespetuosa, está a recibir o apoio de todo o fútbol da costa e na xuntanza que tivo en Baio cos pais dos colexiados, recibeu todo o seu apoio e solicitan a Bernardino González presidente do Comité galego de árbitros a restitución de Espasandín no seu cargo, no que tanto fixo en pouco tempo. Os pais dos colexiados recolleron 2000 firmas en apoio a Espasandín, cas que acudirán o presidente da RFGF, Pablo Prieto e chegarán a xustiza para resolver este cese sen sentido. Vaia tamén o soso total apoio a Manuel espasandín e a petición de que sexa readmitido e que se den explicacións do sucedido.

 

Tofeo da Xunqueira en Cee

O vindeiro sábado 16 de agosto terá lugar a 64ª edición do Trofeo da Xunqueira que este ano será un triangular antre os 3 equipo da localidade ceense, UC Cee, Inter de Brens e Atlético Pereiriña que a vindeira tempada partirán xuntos na 3ª da costa. O primeiro encontro será ás 18:00 horas no San Paio de Refoxos. Para o domingo 17 queda a 6ª edición do trofeo feminino no que xogarán o UC Cee e o CF Noia.

 

-Foto Eva : CF Muxía
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies