Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.
Lilo novo adestrador do CD Baiñas
Emilio Rama “Lilo”, foi anunciado como novo adestrador do CD Baiñas. Lilo foi a pasada tempada o adestrador do SCD Buño da 3ª da costa na que repite co equipo baies que buscará endereitar o rumbo tras un mal ano. Agora o traballo de Lilo xunto ca diretiva será a de formar un equipo para tratar de loitar por todo.
O Muxía anuncia unha baixa e varias renovacións
O CF Muxía anuncionuos a baixa do meta Adrián Suárez que na pasada Copa da Costa foi o meta titular trala lesión de Iago Bouzón no encontro de cuartos de final ante o Sofán, encontro no que Adrián xogou unha parte trala citada lesión. O equipo muxián que sigue co dilema do adestrador/a do equipo “B” masculino e do senior feminino, anunciaba as renovacións Isma Pose, (recuperándose dunha lesión nun xeonllo), Fran Moreira, Carlos Costa, Rober Suárez e Álex Martínez. No capítulo de altas a de Brais Fernández procedente do CF Dumbría e da que xa vos demos información a principio de mes. Tamén tal e como xa vos informamos o equipo senior muxián xogará na Arliña o vindeiro 8 de Agosto un amigable co RC Deportivo Xuvenil “A” que dirixe o mazariquense Miguel Castiñeira.
O Camelle traballa no drenaxe do “Rodeiro”
O SD Camelle leva un par de semanas traballando a reo na instalación do drenaxe do campo do “Rodeiro”, uns traballos en conxunto co Concello de Camariñas e no que instalaron en “zig zag” de portería a portería 500 metros de tubo de canalización com malla, murrillo e tralo posterior tapado trillarase e plantarase o céspede. O campo camellán sufre cada ano, en especial no centro do campo de lameira coas chuvias o que fai perigosa a participación dos xogadores neses días e con este traballo intñentase paliar este déficit.
“Djalma” novo adestrador do Bergantiños Feminino B
Pablo Corgo “Djalma” será o adestrador do Bergantiños Feminino B que competi na 3ª Galega G2 xunta os equipos costeiros e ven a sustituir a Noe Iglesias que a pasada tempada fixo unha gran tempada cas suas rapazas competindo ata o final por entrar na disputa polo ascenso.
O Toxiño campión do 27ª Torneo Santa Sabiña
Nunha trepidante final ante o Senra Sport, o Toxiño alzouse co título de campión do 27º Torneo Santa Sabiña na localidade xalleira do mesmo nome. O resultado final foi de empate a uns, (1-1), pero foi o Toxiño o que se levaba o torneo tras ser mellor nos penaltis. AQUÍ, tes unha completa información do torneo.
“Djalma” novo adestrador do Bergantiños Feminino B
Pablo Corgo “Djalma” será o adestrador do Bergantiños Feminino B que competi na 3ª Galega G2 xunta os equipos costeiros e ven a sustituir a Noe Iglesias que a pasada tempada fixo unha gran tempada cas suas rapazas competindo ata o final por entrar na disputa polo ascenso.
O Trapalleiros levouse o torneo de F7 dos Veteranos do Soneira
Esta pasada fin de semana celebrouse a 4ª edición do “Torneo de Fútbol 7 do Soneira de Veteranos”, un torneo que se disputou no Municipal de Vimianzo, que en breve terá varias reformas. O SD Trapalleiros foi o campión do torneo o derrotar na finalísima ao Ciclonciños. Na loita polo 3º posto o Vodka Juniors derrotaba ao Caña y gol.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”