David Simón pasou por rolda de prensa
O lateral canario do Depor, David Simón pasou por rolda de prensa, algo que non é o seu forte, pero dixo algunha que outra cousa interesante. O lateral dereito que xogou contra o Betis na segunda metade, tras debtar en pretempada ante o Unionista de Salamanca, dixo que : “Fomos a máis e esta semana xa se viu a algúns con moita máis faísca. Chegamos perfectos ao comezo de tempada. Temos que ser nós mesmos, tentar superar ao rival correndo máis que eles e logo os matices que queira introducir o míster”. Dixo ter esquecido o problema que arrastraba de pube e que cré que os novos xogadores van a aporta moito “Algúns xogadores do ano pasado sorprenderon moito, pero este ano somos un equipo e tamén vexo xente que se unirá nos malos momentos. Se hai que correr máis, correremos máis”.
Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.
Este ano as entradas por mobil ou impresas
Segundo nos informan do RC Deportio : ABANCA, patrocinador do Real Club Deportivo e provedor do servizo de venda de entradas online do Club, implantou, para o comezo desta temporada, o sistema print at home que permitirá a todos os Deportivistas e afeccionados que compren entradas online para ABANCA-RIAZOR, evitar o paso por despacho de billetes antes de cada partido.
Desde hoxe, todos os que compren entradas para cada partido que o Deportivo dispute como local en www.rcdeportivo.es/entradas, recibirán no seu dispositivo móbil, un pdf coa entrada que acaban de adquirir.
A partir de aí o afeccionado ten dúas opcións:
– Acceder con ese pdf ou unha imaxe do mesmo no seu teléfono móbil, a través da lectura do código QR da parte dereita da entrada
– Imprimir a entrada e acceder co papel, a través da lectura do código de barras da parte esquerda da entrada.
Peru Nolaskoain adestrou ncos compañeiros
Peru Nolaskoain, última incorporación do RC Deportivo, realizou esta mañá o primeiro adestramento en Abegondo, cos seus novos compañeiros. O xogador vasco xa veu en Riazor as evolucións dos seus compañeiros. Mañán teñen día de descanso e volven aos adestramentos o mércores as 10:00 horas en Abegomdop para preparar o primeiro encontro de liga ante o Real Oviedo do Domingo ás 18:00 horas, (16:00 GMT), para o que xa están a venda as enradas e para o que se espera a máis dun milleiro de oviedistas en Riazor.
Gerard Valentín cedido o CD Lugo
Tan só conta o CD Lugo con 13 xogadores profesionais a día de hoxe para o inicio de liga e un deles será Gerard Valentín. O RC Deportivo e o equipo lucense chegaron a un acordo para que o lateral dereito branquiazul xogue esta Temporada 2019-2020 cedido no equipo de “Lupus Augusto”, no que xa estivo cedido a segunda metade da pasada campaña.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es