Escolma de novas breves do Depor : “O que lle agarda a Casadó trala operación, amigable co Penafiel, e data e horario do Atleti-Depor da 10ª xornada”.

A recuperación que lle agarda a Marc Casadó

Marc Casadó xogador carecterizado por ir aos balóns sen miramentos, sufriu unha fractura de clavícula durante a primeira parte do encontro entre o Deportivo e o Betis, cando apenas transcorrera media hora de xogo, o tirarse a cortar un balón. O centrocampista tivo que abandonar o terreo de xogo e posteriormente foi intervido no Hospital HM Modelo da Coruña polo extraordinario traumatólogo Rafael Arriaza.

Tras unha intervención deste tipo, o habitual é que o xogador leve o brazo protexido cun cabestrillo durante as primeiras semanas, sobre todo para controlar a dor e protexer a zona operada. Desde os primeiros días adoitan realizarse movementos de man, pulso e cóbado, e posteriormente introdúcese de maneira progresiva a mobilidade do ombreiro.

Nas primeiras 4-6 semanas, o principal obxectivo é protexer a clavícula e recuperar progresivamente o movemento, evitando cargas e esforzos co brazo afectado. A partir de aí, e sempre en función da evolución da fractura e dos controis médicos, a rehabilitación avanza cara ao traballo de forza e á recuperación da mobilidade completa.

A consolidación ósea adoita situarse arredor das 8-12 semanas, aínda que os prazos varían segundo o tipo de fractura, a evolución individual e os controis radiográficos. Para un futbolista profesional, o regreso á competición non depende só de que o óso estea consolidado: tamén é necesario recuperar a forza, mobilidade e confianza suficientes para soportar contactos e caídas.

Nunha evolución favorable, a recuperación funcional para as actividades cotiás pode producirse en aproximadamente 6-8 semanas, mentres que o retorno ao deporte de contacto pode prolongarse ata os 3 meses ou máis. Será o equipo médico quen determine cando Casadó está en condicións de volver aos adestramentos e, posteriormente, á competición.

Así, tras a cirurxía realizada por Rafael Arriaza no HM Modelo, comeza agora unha segunda fase tan importante como a propia intervención: varias semanas de protección, rehabilitación progresiva e controis médicos antes de que o centrocampista poida volver aos terreos de xogo.

 

O Estadio 25 de Abril conta con 5.230 localidades.

O Deportivo viaxa a Penafiel para disputar un amigable co club de Escotet

Aproveitando o parón de 3 semanas polas seleccións o Depor disputará o vindeiro venres 25 de setembro un encontro amigable ante o FC Penafiel, nun partido que servirá tamén para estreitar os vínculos entre as dúas entidades. O encontro terá lugar no Estadio 25 de Abril, en Penafiel, que conta desde finais de ano cun céspede híbrido coma o de Riazor sobre o que se xogará a partires 20:00 horas galegas (19:00 hora local). Ainda que non foi confirmado todo apunta a que se televisará pola canle de YouTube do RC Deportivo, segundo nos comentaron.

O compromiso enmárcase na relación existente entre o Depor e o conxunto portugués, propiedade de Juan Carlos Escotet, presidente e máximo accionista do RC Deportivo. O encontro permitirá que os dous equipos lles den minutos aos menos habituais e aos que están en proceso de coller minutos e o mesmo tempo para que compartan unha xornada de fútbol e, ao mesmo tempo, reforcen os seus lazos institucionais.

Oferta para o deportivismo

Para os afeccionados deportivistas que queiran desprazarse a Portugal, os abonados do Deportivo poderán adquirir dúas entradas por cinco euros cada unha. Para o público xeral, o prezo será de dez euros.

O choque valerá para estreitar a relación entre A Coruña e Penafiel nunha cita que terá como escenario o Estadio 25 de Abril e que reunirá sobre o céspede a dous clubs unidos tamén por unha relación institucional que vai máis alá do propio partido, no equipo luso hai varios ex deportivista e tamén o clube penafielista xa estivo o ano pasado en pretempada en Abegondo.

Data e horario do Atleti-Depor

O encontro da 10ª xornada de liga que enfrontará ao Atlético de Madrid e ao Depor disputarase o sábado 24 de outubro a partires das 21:00 horas no Metropolitano.

–

-Fotos : RC Deportivo/FC Penafiel

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–