ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR E DO DEPORTIVISMO E ROLDA DE PRENSA DE DIEGO CABALLO

-DEPOR NEWS-

 Diego Caballo leva 6 encontro seguidos de titular.

 

DIEGO CABALLO :Intentaremos estar o mellor posible para que se decante do noso lado
-Escolma de novas breves-

 

 Diego Caballo estivo en rolda de prensa e amosou a tranquilidade que deixou a vitoria en Soria e espera que se repita ante o Zaragoza ao que considera ainda que é un equipo moi complicado : Fixámonos en nos mesmos. Temos que facer as cousas que sabemos facer e depender de un mesmo. Por outra banda nas “Novas breves” falamos da presentación da candidatura de Jesús Martínez Loira, da data e hora do Lugo-Depor, e da prereserva de entradas da Federación de Peñas, así coma do estado da plantilla e do “Día das Peñas”, etc.

-NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS-
 
Martínez Loira presentou a sua candidatura
 
Jesús Martínez Loira presentou esta mañán na sá de prensa de Riazor a sua candidatura a presidencia do RC Deportivo. Non deu nome de queno acompañarán na sua candidatura, pero dixo que sería 8 membros, dous deles acordados con ABANCA e Estrella Galicia dous dos maiores inversores do clube. Dixo que quería facer unha candidatura de : “unión na que se xunte todo o deportivismo en torno a unha bandeira e xerar ilusión. Unha candidatura de fútbol, fútbol e fútbol”. No que se refire a canteira quer : “arrimar de novo o Deportivo ao fútbol modesto e ter unhas categorías inferiores referencia en Galicia”. Vai a seguir acrecentando o que se fixo a nivel económico e buscará o apoio dos dous presidentes cos que estivo, Augusto César Lendoiro e Tino Fernández, cos que falará o luns. Explicou como se urdeu o de presentarse : “Decidimos que había que dar un paso adiante e aproveitar esta minicrisis como unha oportunidade do deportivismo para mellorar. Desde fai cinco anos hai unha fractura social importante e é o momento de limpar esa ferida”. O candidato á presidencia do Real Club Deportivo Jesús Martínez Loira quere que a afección teña voz e voto nos máximos órganos de decisión do Deportivo e avanza que para iso creará un Senado Branquiazul e a figura do Delegado Especial da Afección, cuxas decisións e opinións serán tomadas en conta polo Consello de Administración. Ambos os modelos de participación están desenvoltos e regulados no proxecto que o aspirante á presidencia presentará publicamente nos próximos días. “Queremos abrir o club ás inquietudes e propostas dos afeccionados e non perder nunca o contacto coa realidade das bases”
 
 
O CD Lugo-Depor o 19 de Maio ás 18:00 horas
LaLiga fixo oficiais os horarios da 39ª xornada de LaLiga 1|2|3, na que o Deportivo renderá visita ao CD Lugo. O partido disputarase no Estadio Ángel Carro o domingo 19 de maio ás 20:00 horas, retransmitido en directo por LaLiga 1|2|3 TV. A Federación de Peñas Deportivistas xa abreu o prazo de prereserva de entradas ata o 8 de Maio, polas canles de sempre por medio do gmail da federación.
 
 
Só Khron-Dehli adestrou aparte
 
David Simón volveu a completar o adestramento co grupo polo que recibirá o alta médica e podería entrar na lista de convocados. Deste xeito só o dinamarqués Krhon-Dehli segue adestrando en solitario co readaptador Fran Molano.
 
 
Prereserva de entradas para o Depor-Lugo
 
A Federación de Peñas Deportivistas abreu ata o vindeiro 8 de Maio a prereserva de entradas para o Lugo-depor do vindeiro 19 de Maio a partires das 18:00 horas no “Ánxo Carro”. Non se sabe ainda cantas entradas recibirá o ente deoprtivista, polo que teñen preferenza os peñistas socios do Depor e tamén as peñas que mandaran o seu listado de socios.
 
 
“Día das Peñas” o día do Depor-Cádiz e volta da eliminatoria do Deportivo Feminino
 
A Federación de Peñas Deportivistas decideu que o “Día das Peñas” se celébre o próximo 12 de maio, coincidindo co partido entre o Deportivo e o Cádiz. Nos próximos días informarémosvos sobre o programa de actividades. É só para que o vaiades tendo en conta. E para que vaiades facendo as vosas peticións de entradas (a 5 euros): cada pena solicitaranos o número de entradas que necesita a través do seu presidente ou da persoa que se designe desde a mesma. Por outra banda, o domingo que vén, 5 de maio, haberá unha carpa con polbo e churrasco e un DJ en Abegondo como motivo do partido de volta da primeira eliminatoria do Dépor Abanca polo ascenso á liga Iberdrola.
 
 
 

ROLDA DE PRENSA DE : DIEGO CABALLO

(Por : rcdeportivo.com)
 

Diego Caballo pasó esta mañana por la sala de prensa de Abegondo. Calificó de “nuevo reto” el partido de este sábado 4 de mayo en La Romareda ante el Real Zaragoza (18:00 horas, Movistar Partidazo). “Iremos a sacar los 3 puntos”, añade.

 

El lateral deportivista vaticina un final de LaLiga 1|2|3 de alta tensión: “Todos los equipos ahora tienen necesidad, por la parte alta, por la parte baja. Cualquier equipo necesita los 3 puntos”.

 

Explica que más que en el rival, en este caso el Real Zaragoza, “nos fijamos en nosotros mismos. Tenemos que hacer las cosas que sabemos hacer y depender de uno mismo”.

 

Eso sí, admite que frente a frente estarán sobre el césped los dos equipos con más títulos de la categoría: “Es un Club con mucha historia, como el Deportivo. Será un partido difícil porque ambos equipos tienen necesidad. El partido se decantará por los pequeños detalles. Intentaremos estar lo mejor posible para que se decante a nuestro lado”.

 

Reconoce que la victoria del pasado viernes en Soria ante el CD Numancia significó para el Dépor “alivio, quitarte de encima esa sensación de que no estás consiguiendo los 3 puntos, que al final del partido es lo más importante. Aliviado y algo más relajado”.

 

Titular en estos últimos partidos en detrimento de Saúl o Dubarbier, Diego subraya que “hay duelos bonitos durante toda la temporada y se está alternando. Ahora me está tocando a mí e intentaré seguir”.

 

Aunque sí confiesa no “estar en mi mejor momento de la temporada, es verdad que tienes 6 partidos para reivindicarte y hacerlo lo mejor posible”. Eso sí, se siente “satisfecho” por su temporada, la primera en el fútbol profesional: “Cuando subes a un equipo profesional, imaginar contar con los minutos que estoy teniendo yo es impensable. Alegría propia y nunca conformismo. Siempre con esa ambición que me caracteriza, y con ganas de más”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-