ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR :

 

Troco de día e hora en liga e confirmado o da copa

Tal e como xa vos informamos tralo anuncio, o Depor medirase ao RCD Mallorca nos dezaseisavos de final da Copa do Rei cuxo sorteo tivo lugar este martes 9 de decembro na sede da RFEF. A eliminatoria, a partido único, xogarase en Riazor o martes 16 de Nadal ás 19:00 horas, (18:00 GMT).

Por este motivo,  a Liga modificou o partido anterior do Dépor na Segunda División, ante a Real Sociedad B. Fixado inicialmente para o domingo 14 ás 14:00, pasa ao sábado 13 de decembro ás 21:00 horas.

A venda as entradas para o Depor-Real Sociedad B

Debido ao sorteo da Copa del Rey, LaLiga modificou o horario do encontro entre o Depor e a Real Sociedad B correspondente á 18ª xornada da Segunda División. Fixado inicialmente para o domingo 14 ás 14:00 horas en Riazor, o partido xogarase o sábado 13 de Nadal ás 21:00 horas, (20:00 GMT).

Polo que o clube informa que “por conseguinte, aqueles afeccionados que compraron as entradas para o domingo poden utilizalas o sábado. No caso de non poder asistir debido ao cambio de data, o Club devolveralles o importe das mesmas”.

As entradas pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:30.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a Riazor nesta ligazón.

Samu convocado ola Selección española Sub19

Samuel Fernández Leonardo ‘Samu’ (Narón, 17 de marzo de 2007) foi convocado por primeira vez pola selección española sub-19 para participar na SBS International Cup de Xapón.

O central deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional o luns 15 de decembro e por conseguinte será baixa tanto para o partido do Fabril ante o Real Ávila CF no campo Arsenio Iglesias como os do Dépor da próxima semana (en Copa do Rei e en Andorra).

O calendario de partidos de Samu é o seguinte:

Xoves 18 de decembro
16:00 (hora local, 8:00 hora galega): ESPAÑA – AUSTRALIA, no Fujieda Sports Park Stadium

Sábado 20 de decembro
13:30 (5:30 hora galega): XAPÓN – ESPAÑA, no Fujieda Sports Park Stadium

Domingo 21 de decembro
13:30 (5:30 hora galega): SELECCIÓN SHIZUOKA – ESPAÑA, no Estadio de Kusanagui

Samu debutou co primeiro equipo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.

O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.

Samu únese así a outros futbolistas da canteira deportivista convocados tamén polo combinado nacional Sub19, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.

.

-Foto e información : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”