ESCOLMA DE NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS

 

Peru Nolaskoain presentado

O xogador vasco Peru Nolaskoain foi presentado en rolda de prensa con Carmelo del Pozo ao seu carón. O xogador deportivista dixo que o director deportivo estívolle : “dando brasa dende fai un par de meses”, e que “non tiven ningunha conversación co Real Zaragoza”, que o que se falou foi “todo das redes sociais”. Él xa escolleu o Depor dende o primeiro intre e que “non pensou en ningún outro equipo, porque me gustou o proxecto que me presentaron”.

Sobre onde lle gustaba xogar mellor que se de central ou de medio defensivo dixo que : “creo que podo render ben en ambas as posicións e iso é positivo”.

Alabou o “familiar que é o equipo, tal e como xa me contaran”, e dixo que está a “disposición do mister para o que queira, xa que fixen pretempada e estou preparado”.

 

Abaixo na portada da web tes os nosos “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

Fede Cartabia irá cedido aos Emiratos Árabes

Hoxe non adestrou Fede Cartabia, polo que todo apunta a que ou está preto o acordo co Al-Ahli, ou xa está feito. Fálase dunha cesión con opción de compra, ou mesmamente unha cesión e poder recuperalo o vindeiro ano se se acadase o ascenso. A marcha do arxentino que ns derradeiros anos ainda que tivo moitas lesións, tamén puxo da sua parte para estar aquí, forzando a sua marcha do Valencia, rebaixando a sua ficha, etc. De concretarse o acordo o Depor quedaría con marxe de tope salarial para poder traer a Samuele Longo, que parece que ten todo pechado co clube deportivista e máis coa fichaxe de Lukaku polo Inter.

Diego Rolán outro que podería ter as horas contadas no Depor

O uruguaio Diego Rolán non amosou nada do que atesouraba no Girondíns de Burdeaux, nen no Leganés, nen no Alavés, e na pretempada non lle chegou nen a sola dos zapatos aos canteiráns do Fabril. Difícil con este rendemento que ninguén se fixe nél, a non ser que tire de hemeroteca para saber que é futbolista. Todo apunta a unha cesión, (falábase do Trabzonspor turko), ou en derradeiro caso a unha rescisión de contrato, para liberar capital, o que podería facer que chegase máis dun xogador. Hoxe volveu a adestrar co grupo.

Rober preto de asinar polo Levante

Carmelo del Pozo desvelouse coma un “amante” de Rober Pier, pero vese ano tras ano que o “amor” de Rober Pier polo Depor é unha “cortina de fume”, tal e como se puido ver ano tras ano que non quixo arrimar o hombreiro para axudar e prefireu o levante, que parece que quer devolverlle ese cariño verdadeiro fichándoo a pesares de estar lesionado grave do xeonllo, o que lle fará que non poida xogar ata o ano que ven. O Depor buscaba unha venta con tanto por cento en caso de revendelo o clube levantino, pero parece que se buscará unha venta por unha cantidade pequena, ao quedar libre o vindeiro ano e o poder optar a clausula de cesión de balde a equipo de categoría superior, que “disque” ten.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

 

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies