Unha vez máis a Romaría da Barca fíxoa o tempo. Como se dí de toda vida en Muxía, se hai bo tempo o abarrote vai ser total, e así foi. Moitos milleiros de persoas pasaron pola vila muxiana e pola Punta da Barca, tanto nos 9 días do novenario, como nos 4 da romaría, cos seus días e as suas noites, pois a Barca non é só a festa da verbena, pois polo día hai milleiros de persoas que non están pola noite, que veñen os actos relixiosos, romeiros ou de paseo.
Unha vez máis espectacular o traballo de Protección Civil de Muxía, as das localidades colabroadoras e a de Getafe, así coma do SAMUR e da Policía Local e corpos do estado que fixeron que a orgañización fose total e que todo funcinase a perfección, así como da Comisión de Festas.
ESCOLMA DE FOTOS
O mestre Xoan Babarro González fixo un pregón emotivo o venres.
O futbolín andivo de paseo pola festa.
A romaría non se perde e a xente xantou por varios sitios do pobo.
Bandas de música, charangas, e grupos de gaitas,
deron aire de romaría por todo o pobo.
Os fogos do sábado estiveron impresionantes en especial os acuáticos.
Sempre hai xente peculiar que se fai ver.
Dende Valencia, (Venezuela) a Barca.
A procesión do Domingo unha vez máis fixo saltar as bágoas de moitos devotos.
A traca foi a máis rápida da historia, pero a vez con moitas imnovacións.
A sesión vermút do Domingo pasou das 6 da tarde con duas orquestras.
Protección Civil de Getafe e o SAMUR de Madrid un ano máis na Barca.
A volta da Virxe da Barca o luns cargou de emotividade a todos.
O luns da Barca foi un ano máis de colaboración ca loita contra o cancro.
A noite do sábado e a procesión do Domingo achegaron a Muxía a milleiros de persoas.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es