Os campións recibiron unha placa co Dolmen de Dombate monumento megalítico cabanés.
Un ano máis o “Torneo de Fútbol Base do Cabana SD” congregou a centos de xogadores e xogadoras en idade benxamín, alevín, infantil e cadete no “As Redondas” de Cánduas, (Cabana de Bergantiños). Tal e como xa vos viñemos informando, o torneo cabanés que chegaba a 15ª edición repetía co seu formato de dous días enteiros de fútbol e confraternidade antre deportistas, familiares e afeccionados, sendo unha vez máis a Capital galega do fútbol base.
Disputouse os días 28 e 29 de Xuño do 2025 e participaron un total de 64 equipos pertencentes as diferentes localidades da Costa da Morte e das zonas da Mariña e da Coruña.
Aquí vos traemos toda a información das finais e os encontros olo 3º e 4º posto e unha escolma de fotos dos equipos que chegaron a esta loita final. Unha escolma que nos achegan desde o Cabana SD, aos que lles estamos plenamente agradecidos e felicitamos por unha vez máis desenrolar de maneira xenial este “enorme” torneo que destaca ano tras ano por unha orgañización exquisita no eido deportivo e no de confraternización, así como na atención aos afeccionados e deportistas no gastronómico.
CATEGORÍA ALEVÍN
CAMPEÓN: Atl. Arteixo
SUB-CAMPEÓN: Cabana SD
3° CLASIFICADO: Hércules FS
4° CLASIFICADO: Luis Calvo
CATEGORÍA CADETE
CAMPEÓN: Bergantiños FC
SUB-CAMPEÓN: UC Cee
3° CLASIFICADO: AD Culleredo
4° CLASIFICADO: At. Castros
CATEGORÍA BENXAMÍN
CAMPEÓN: SD Sofán
SUB-CAMPEÓN: Luis Calvo “B”
3° CLASIFICADO: Luis Calvo “A”
4° CLASIFICADO: Silva SD
CATEGORÍA INFANTIL
CAMPEÓN: CF Dumbría
SUB-CAMPEÓN: SD Laxe
3° CLASIFICADO: Hércules FS
4° CLASIFICADO: Cabana SD
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos : Cabana SD/José Manuel Vázquez
















