ESCOLMA DE FOTOS E RESUMO DA EXITOSA “SEMANA GANDEIRA DE MAZARICOS 2019” E DA SUA “1ª RUTA DE TAPAS”.

Esta pasada semana  foi a “Semana grande da gandeiría de Mazaricos”, onde se volveu a converter na capital ganadera de Galicia, recordemos que Mazaricos e o primeiro productor lácteo de Galicia, rebasando os 115 millons de litros o ano.

Durante a semana houbo obradoiros de elaboración de productos lácteos e visitas a explotacións.
O venres e sábado volvería a Ruta das tapas a Mazaricos, onde se despacharon mais de 2500 tapas que se degustaron no Barallas, Rial, Manduca, Virxe da O, Corzón, Vinculeiro, Jurjo, Senra, Pego, Pallote e Efe eme.

O sábado pola mañan houbo un sin fin de charlas técnicas onde se degustou os productos da Casa Grande de Xanceda e pola tarde abriase o multiusos da Picota para disfrute de pais e pequenos, con touro mecánico, obradoiros de estampados de camisetas, trenzado de Sancosmeiros, degustación de Bico de Xeado e chocolatada. E para os mais grandes, feira de maquinaria agrícola e apertura dos postos de Feiraco, Abanca, Covega, Rodríguez, Arrecorio, Miky, Agromaroñas, Agrofervenza, Piensos Alborés, CPI A Picota, Trenzarte e Mazaricos CF.

Domingo,e chegaría o día grande, o día da poxa de xovencas frisonas que serviu para homenajear o desaparecido José Moreira, que a partir de agora a poxa levará o seu nome polo moito que loitou dende Africor, polo certame. O acto non faltou a sua viúva que recibiu obsequios de Manuel Antelo, do alcalde Juan José Blanco e incluso o conselleiro de Medio Rural, José González, que non se quixo perder o evento.

Xa na poxa cun recinto abarrotado empezaron a desfilar as xovencas, as cales foron todas vendidas a un precio medio de 2500€ animal, sobrepasando os 48.150 euros en volumen total. Destacando Unha novilla de Zas que chegou os 3.200€ que puxou un ganadeiro de Vimianzo.

O rematar a poxa sortearonse mais de 2000€ en premios entre os asistentes que poideron rematar a xornada comendo pulpo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto de homenaxe a José Moreira.

 

 

 

 

 

“I RUTA DE TAPAS DE MAZARICOS”

 

Gañador : “Bar Rial”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Un traballo de Jorge Villar “Gorrión” en exclusiva para www.piratasdemuxia.es

-Texto e Fotos : Jorge Villar “Gorrión”/Concello de Mazaricos

-Vídeo : Jorge Villar “Gorrión”

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.