ESCOLMA DE FOTOS DO “XANTAR DO INFANTE ALFONSO” EN MORAIME-MUXÍA

 

Aquí tes unha escolma de fotos do “Xantar do Infante Alfonso” que tivo lugar en Moraime-Muxía o 1 de Setembro do 2019 e que serve para rememorar un episódio dos moitos que atesoura Moraime e o seu entorno. Neste caso a chegada do Infante Alfonso que sería o Rei, Alfonso VII, e que pasou unha temporada no século XII no Mosteiro de Moraime agochado da sua nai Dona Urraca que quería a sua morte para facerse co reino de Galicia e León.

Dende fai varios anos o Concello de Muxía orgañiza un mercado de dous días e un xantar o segundo, a antiga usanza, con tenreira asada as áscuas, pan, viño e froita e comendo cas mans coma naqueles tempos. Todo elo por tan só 5 euros. 

Se estiveches, seguro que saes en algunha foto.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es