Aqui vos traemos para a lembranza unha escolma de fotos do encontro de volta do Play-Off de ascenso a Liga da Costa 2023/24, antre o SD Camelle e o SD Laxe, xogado no “O Rodeiro” o sábado 29 de Abril do 2023. Un choque xogado de poder a poder e no que tralo empate a uns, (1-1), en Laxe, o equipo que quixera ascender tiña que gañar, ou no tempo de xogo, ou na prórroga, ou nos penaltis, según se dese o resultado. O Camelle levouse o ascenso tras gañar por 1-0 con gol de Sergio, pero calquera dos dous, cos que non se contaba que estivesen neste encontro a inicio de tempada, puido levarse a vitoria. Enorme o traballo e sacrifico de ambos equipos, e vaia para eles esta escolma de fotos, coma unha homenaxe por parte de piratasdemuxia.es.
Tras esta escolma faremos unha 2ª parte, esta xa para os camelláns, con fotos e vídeos da celebración.
Se algún xogador non sae nas fotos, pedimos disculpas, pois a hora de sacar centos de fotos, non ves se colliches a todos ou non, e as veces van sair desenfocadas as que saía unha persoa. Recomendamos velas no ordenador ou nun aparato de televisión pois van a gran maioría delas en format0 grande, (4272 x 2848), agás algunha que recortamos para dar outra perspectiva.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”