ESCOLMA DE FOTOS DO “MERCADO E XANTAR DO INFANTE AFONSO 2018”

 

Aquí tedes unha escolma de fotos de lembranza do “Mercado e Xantar do Infante Afonso”, que de maneira lúdica e festeira pon en relevancia a importancia de Moraime, (Muxía) na historia. Un lugar que foi clave para o desenvolvemento para moitos dos pobos que abranguen gran parte da Costa da Morte dende Traba de Laxe ata o Cabo Fisterra, pois gran de parte destas terras foron dos monxes moraimeses e moitos dos lugares, costumes e culturas naceron baixo o seu mandato.

Desta volta cun mercado que se celebra este sábado 31 de Agosto e Domingo 1 de Setembro e cun xantar, música na igrexa de Moraime, (algo digno de ver), teatro…rememórase un episodio moi importante da historia na Costa da Morte, cando o Infante Afonso, que posteriormente sería o Rei, Afonso VII, “O Emperador”, estivo vivindo no mosteiro de Moraime, agochado das fauces da sua nai Dona Urraca. Un “favor” que foi moi beneficioso co paso do tempo para a nosa zona con varios beneplácitos para os monxes moraimeses e para as suas terras, un deles a oficialidade do camiño ata as suas terras, tendo como bastión a lenda da Nosa Señora da Barca que data segundo a teoloxía de antre o ano 570 e o 670 DC, tempo no que practicamente non existían a maioría dos pobos da costa.

O Concello de Muxía rememora este episodio da historia cun mercado e un xantar multitudinario, a antiga usanza, (Domingo 1), e do que vos traemos aquí unha escolma de fotos do que deu de sí o do ano pasado co teatro que se fai no mosteiro e arredores e co xantar.

Aquí che traemos unha escolma de fotos do do ano pasado, co teatro na igrexa, e o xantar, así como fotos do interior da igrexa. Se estiveches seguro que saes en algunha.

 

 

 

 

VÍDEO DO 2016

 

Non deixes de visitar a nosa canle de YouTube, (PREME AQUÍ), na que tes vídeos de festas, fútbol, futsal, temporais, natureza, fauna, etc…Podes rexistrarte sen ningunha obrigación.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es