ESCOLMA DE FOTOS DO CF MUXÍA-CF CORME DA 3ª GALEGA FEMININA G2. DERRADEIRO ENCONTRO DA TEMPADA 2024/25 QUE SUPUXO O ASCENSO DO CF MUXÍA.

Aquí tedes para a lembranza unha escolma de fotos do CF Muxía-CF Corme correspondente a derradeira xornada na tempada 2024/25 da 3º Galega G2, un choque no que senfrontaban os dous mellores equipos da competición, as cormelanas campionas de liga e líderes absolutas da liga contra as segundas, as muxianas, que precisaban unha vitoria para ascender a 2ª Galega Feminina. Primeira derrota das de Corme en todo o excelente curso que fixeron e ascenso para as muxianas que foron de menos a máis ata acadar un obxetivo extraordinario.

Na foto do acta tedes tódalas/os participantes e as goeladoras, nas que cabe destacar o papel de Barca Toba que tras superar unha grave lesión dos ligamentos dos xeonllos chegou con forza para axudar no ascenso na metade da competición e que neste encontro fixo os 4 goles das muxianas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”