Tralos trámites levados a cabo polo presidente do CF Muxía, Juan José Busto co RC De`portivo o clube deportivista invitou aos rapaces da base do clube muxián a presenciar o encontro do pasado 17 de Maio do 2025 disputado no Estadio de Riazor, no que os branquiazuis se enfrontaban o Granada, (2-3).
Un total de 50 rapaces e rapazas do clube muxián disfrutaron dun encontro moi especial pois ademáis de celebrase o 2Día das Peñas”, no “Día das Letras Galegas”, celebrábase ó 25º aniversario da consecución do título de liga española, un privilexio que só teñen 9 equipos desde o seu inicio no 1928. Para este día especial que se cumpleu en verdade o pasado luns 19 de Maio, os xogadores deportivistas xogaron cunha camiseta conmemorativa de cor dourada que se puxo a venda na Deportenda e que nunhas horas voaron as 2.600 réplicas que se fixeron e as que tiñan opción só os socios.
Desde o CF Muxía queren, “agradecer unha vez máis as facilidades e o trato recibido polo RC Deportivo, para axudar a brindarlles os rapaces un día especial”.
-Fotos : CF Muxía
-Texto : Xosé Búa “Pirata”







