ESCOLMA DE BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : PONTECESO FEMININO, PONTECESO SD, CORME CF, CF DUMBRÍA, UC CEE, MUXÍA CF…

Ponteceso SD Femenino.

 

O equipo feminino do Ponteceso SD xa é unha realidade

O equipo feminino do Ponteceso SD, ven a engrosar os equipos de féminas da costa, e xa se pode dicir que é unha realidade. Dende o clube dín estar “encantados” ca resposta e xa adestran as órdes de Marcos Antelo “Curro”, que será o que leve ao equipo de novo cuño, unha vintena de rapazas. Son varios os equipos que están tentando sair cun equipo feminino na vindeira campaña, antre eles o Corme CF, ou o pase do CF Mazaricos da Copa de Santiago de Fútbol-7 ao Fútbol-11, e a xa realidade do CF Dumbría. 

 

O Torneo Concello de Ponteceso a vindeira fin de semana

Ponteceso SD e Corme CF xogarán a vindeira fin de semana o Torneo Concello de Ponteceso en varias categorías.  O sábado : Infantís, ás 16:30 horas, Xuvenís, ás 18:30 horas. Domingo :  ás 11:00 horas os Veteranos, ás 17.00 horas os Cadetes, e rematará a xornada co enfrontamento antre os Seniors pontecesáns e cormalés, que será ás 19:00 horas.

 

O Corme CF lévase os amigables ante o Atlético Os Castros

Esta pasada fin de semana tanto o equipo senior do Corme CF coma o xuvenil, xogaban sendos amigables fornte ao Atlético Os Castros, da Coruña. En ambos encontros a posta en escea dos cormeláns non puido ser mellor. Os senior gañaban por 3-2 con goles de Alejo, Samu e Isra, namentras que os xuvenís, levábanse o trunfo cun tanto de Borja, (1-0).

 

CF Dumbría e UC Cee Feminino campións do Trofeo da Xunqueira

O UC Cee feminino levábase o trofeo das Festas da Xunqueira o derrotar por 1-0 ao UD Cerqueda feminino. O gol da vitoria das ceenses era materializado por Lucía Martínez. Tras este encontro chegaba o turno para os homes, e neste caso o CF Dumbría amosaba todo o seu potencial para a vindeira campaña na 1ª Galicia e derrotaba aos de Rafa Suárez por 0-5, con goles de Xabi, en duas ocasións, Marcote, dani e Alfredo.

 

O Muxía comeza o venres os adestramentos da base

Este vindeiro venres 19 de Agosto anúnciannos dende o Muxía CF que comezarán os adestramentos nas categorías de Infantís, cadetes e xuvenís. Dende o clube muxián invitan aos rapaces en idade de cada unha das categorías, a animarse e probar para unirse a familia “corviña”.

 

Presentacións dos equipos de base do Bergantiños

O Bergantiños FC terá no día de hoxe á presentación oficial dos equipos de base : Xuvenil A (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Infantil A (División de Honra). O acto terá lugar este mércores, 17 de agosto, ás 19:00 horas no Estadio Municipal de As Eiroas. Estarán presentes o presidente Luciano Calvo e o responsable do Fútbol Base, Jesús Capelán.

.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto : Ponteceso SD

-Texto : piratasdemuxia