ESCOLMA DE BREVES DA COSTA : SCD BUÑO, CF PORTEÑO, XALLAS FC, MUXÍA CF, CF MAZARICOS E CD BAIO.

David Castro co presidente buñés, Nelson Neira.

 

David Castro novo adestrador do SCD Buño

O presidente do SCD Buño presentou ao novo adestrador da entidade oleira , e non é outro ca David Castro, carballés con pasado no Bergantiños, ou Tordoia B, neste último fai dous anos levouno a fase de ascenso e o ano pasado ascendeu como campión a 2ª Galicia. Tamén dirixeu ao Paiosaco Feminino. David ven a dirixir un equipo que o ano pasado foi un dos grandes animadores da competición chegando a fase de ascenso.

 

O Porteño segue a perfilar o equipo

Dende a Ponte do Porto, o equipo que un ano máis dirixirá Javi Baña xa nos anunciaba estes días da fichaxe de Mayor, Darío Partiñas e o xove Ibra. Agora anúnciannos a fichaxe de Manu, que volve a casa e a renovación de Rodri, que chegou no Nadal pasado dende o Camariñas. O CF Porteño ascendeu como subcampión esta pasada tempada a Liga da Costa, loitando polo título de campión da 3ª da Costa ata o derradeiro encontro.

 

Asemblea Xeral no Xallas FC

O Xallas FC equipo da 1ª Galicia G2, levará a cabo a Asemblea Xeral de Socios o vindeiro día 12 de Xullo a partires das 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde de non haber quorum na primeira.  A xuntanza terá lugar no Edificio Multiusos da Rúa Curros Enríquez, e nela aprovarase o acta da sesión anterior, farase a memoria deportiva da tempada 2022723, da que tamén se dará conta do balance económico, dimisión da diretiva actual, polo que se abrirá prazo para presentación de candidatos, e os títpicos “Rogos e preguntas” para rematar a asemblea.

 

O Muxía segue cas renovacións

Comezan pronto e aos poucos os muxiáns, que trala fichaxe dos adestradores Nando e Fran, van facendo renovacións. Os primeiros foron, Michael,  José Lema, Fran Moreira, Isma Pose e Julián Busto, e o derradeiro en renovar é Álex Martínez, xove muxián que repite nos da Vila da Barca. O Muxía CF milita na Liga da Costa.

 

Nito Estalote novo presidente do CF Mazaricos

Había moitas dúbidas co futuro do CF Mazaricos, tras celebrarse duas asembleas de socios e non aparecer ninguén que se quixera facer coas rendas do clube, tras estar competindo continuamente dende o 1991. Na terceira foi a vencida e Nito Estalote, ex xogador do clube mazariquense nos seus inicios, é o novo presidente. A diretiva ainda non está pechada, pero espera xuntar a entorno a unha vintena de membros para repartirse o traballo. Algúns dos nomes da nova diretiva con Nito son, Pepe Casanova, José Nieto, pero en breve completarán o organigrama de como e cantos serán. O CF Mazaricos volveu esta tempada a Liga da Costa, tras caer da 1ª Galicia G2.

 

O CD Baio fleta buses para a final da Copa da Costa

Un ano máis a Copa da Costa terá un escenario moi bo, pero alonxado do centro para que esté preto de tódolos concellos que forma o fútbol costeiros, e máis tendo en conta a precariedade de infraestructuras que temos viales na nosa zona. Co fin de facilitar o desprazamento de afeccionados a gran final do 25 de Xuño no “A Fontela”, (Santa Comba), a partires das 18:00 horas, o CD Baio coa colaboración do Concello de Zas, fleta autobuses para os seus afeccionados, tal e como nos comenta un ex xogador do equipo baies. Para acadar unha praza nos buses os interesados deberán inscribirse chamando ao 697 50 59 99.

 

AVISO

Coma cada ano en época estival as novas de movementos nos equipos poñeremos as que nos manden por medio do noso correo admin@piratasdemuxia.es, polo noso whatsapp, (626 72 00 47), ous nos meseggers das nosas redes, (FaceBook, Twitter e Instagram), para así evitar o de que poñemos o de uns si e outros non. Poden mandárnolas, diretivos, xogadores, afeccionados, etc…sempre identificándose.

 

-Foto  : SCD Buño

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Colaboradores