ESCAPÁRONSELLE 2 PUNTOS AO FISOBER FSF NOS INSTANTES FINAIS CONTRA O AVIA FS, (2º CLASIFICADO), NUN AUTÉNTICO PARTIDAZO DE AMBOS CONXUNTOS.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Carre abreu o marcador para as fisoberistas.

FISOBER F.S.F. 2-2 RIBEIRO DO AVIA F.C. 

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Ana; tamén xogaron: Lucía Martínez, Saray, María Dumbría, Nuriña, Lucía Canosa.

AVIA: Paula, Nerea, Inés, Lucía, Paula Pereiro; tamén xogaron: Aldara, Lucía Puga, Alicia, Nair.

ÁRBITROS: Jorge Fernández i Elvis Rodríguez.

GOLES:1-0 min 18 Carre, (descanso), 2-0 min 21 Paula Fandiño, 2-1 min 34 Aldara, 2-2 min 39 Nair.

Partido disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 9ª xornada de liga Autonómica-Preferente Galicia.

Ao Fisober escapáronselle dous puntos ao final ante o segundo clasificado nun autentico partidazo.

O inicio do partido foi moi intenso e con ocasións de todo tipo para as costeiras que non foron quen de aproveitar, nin saques de esquina, nin faltas, nin uns para un.

As visitantes tamén poñían en apuros a Sharay. Paula Fandiño tamén probaba a porteira visitante dende lonxe.

María de Dumbría de tiro cruzado que se escapaba rozando o pau tamén tiña a súa. Sharay desviaba baixo paus unha boa ocasión visitante e pouco despois un lanzamento de falta tamén.

Un roubo de Ana e combinación con Carre propiciaba o primeiro gol das costeiras por parte desta última.

Unha xogada de Saray paseabase pola liña de gol sen atopar rematador.

A volta de vestiarios o comezo foi cun lanzamento de Paula Fandiño, rexeite para Ana e parada da porteira visitante.

Despois do saque de esquina era Paula Fandiño a que poñía o segundo gol para o Fisober.

Sharay facía unha dobre parada para salvar o gol visitante.

Deciden arriscar as do Ribeiro do Avia co xogo de cinco. E conseguen poñer en problemas ao Fisober con ocasións.

De vez en cando con roubos as costeiras tiñan ocasións coma unha de Saray. Co paso dos minutos parecía que o Fisober desperezaba e conseguía ocasión sao seu favor.

Ata que a pouco máis de cinco minutos para o fin Aldara reducía distanzas no electrónico. Pasaban os minutos e sufrían as locais co xogo de superioridade.

Ata que a pouco máis de un minuto a pichichi da categoría Nair empataba un partido que xa acariciaban as costeiras.

Lonxe de descompoñerse tocaron corneta as do Fisober na busca dos tres puntos, primeiro cun lanzamento de Paula Fandiño que entre a porteira e o longueiro evitaron o gol. E despois na última do partido o balón pasease pola liña e Adriana non chega por centímetros.

A vindeira semana o Fisober visita ao Terra de Celanova.

Dende piratasdemuxia.es darlle moitos ánimos a muxiana Yaiza, xogadora do Fisober FSF, que sufre unha lesión dos ligamentos do xeonllo dereito, da cal esperamos que se recupere pronto e poida estar de novo disfrutando do que máis lle gusta cas suas compañeiras.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies