ÉRIKA GONZÁLEZ DA O SALTO DO UD PAIOSACO FEMININO O VICTORIA.

Érika nun Paiosaco-Miúdas da 2ª Galega.

 

Érika González márchase do Paiosaco para dar o salto ao Vitoria. O bo facer da xogadora da parroquia larachesa de Estramil durante a pasada tempada non pasou desapercibido para ninguén e tampouco o fixo para un dos clubs referentes a nivel galego como é un Vitoria que se fixo cos seus servizos para o próximo curso.
Érika González Guillín (2006) é un dos grandes valores do fútbol feminino da zona, tal e como veu demostrando a pasada tempada na Unión Deportiva Paiosaco, onde a pesar de ser das máis novas do equipo foi unha das xogadoras máis importantes. Trátase dunha futbolista de moito carácter e garra que pode actuar en practicamente calquera posición, aínda que onde máis cómoda sente é como defensa central, onde a súa rapidez e a súa contundencia no corte, e a súa intelixencia fana un muro difícil de traspasar para as rivais. Ademais, o seu bo trato de balón fai que tamén se poida sumar ao ataque saíndo en condución.
Despois do seu bo facer no Paiosaco, Érika pon rumbo ao Vitoria e faio para dar un salto importante na súa carreira, xa que nesta nova experiencia seguro que será capaz de puír algúns matices no seu xogo, algo que lle permitirá crecer como futbolista.

-Foto e Texto :  David Castro/UD Paiosaco

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.