ENTREVISTAS : “ASÍ VEN OS ADESTRADORES DE MONTE LOURO, NANTÓN, LAXE E CAMELLE A PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA DA COSTA”.

 

UNHA PROMOCIÓN DISTINTA

Neste artigo consultamos aos 4 adestradores que xogarán, (eso esperamos e desexamos), a promoción de ascenso a Liga da Costa, que xa tiña que estar xogada pois esta liga xa rematou, sendo a única culminada das que xogan equipos da costa senior  e veteranos. Os adesrteadores do UD Monte Louro, CD Nantón, SD Laxe e SD Camelle, coinciden en que a promoción non será igual ca se se xogase cando tocaba, xa que o parón iguala as forzas dos equipos, o perderse o ritmo de competición. Tamén coinciden en que debería haber unha posta a punto antes de xogar dita promoción. Aquí podes ver as impresións o respecto dos 4 adestradores, que buscarán culminar unha tempada brilante co asecnso a Liga da Costa.

Neste enlace (PREME AQUÍ), tedes un especial moi completo do que foi a liga que gañou o FC Camariñas, que xunto co Outes CF, (Subcampión), buscan compañeiro para avindeira edición da Liga da Costa.

 

 OS ADESTRADORES POR ÓRDE DE CLASIFICADOS

Juan Porrúa, que deixou ao UD Monte Louro na 3ª posición con 42 puntos a 6 do ascenso direto, tras 12 encontros gañados, 6 empatados e tan só 2 perdidos. Marcando 48 goles, (2º máis realizador tralo campión FC Camariñas), e recibindo tan só 20, (segundo menos goleado tralo Outes CF que quedou 2º).

Rodrigo Fachal, terceiro clasificado o seu CD Nantón con 33 puntos de 10 choques gañados, 3 empatados e 7 perdidos, con 48 goles a favor, (empatado como segundo máximo realizador co Outes CF e UD Monte Louro), e 30 en contra, (4º menos goleado).

José Antelo, sumou co SD Laxe, 32 puntos de 9 encontros gañados, 5 empatados e 6 perdidos, sumando 42 goles a favor e 32 en contra.

José Manuel Ordóñez, gañou co SD Camelle un total de 5 encontros, con 8 empates, sendo o equipos lider nas igualadas, e 7 perdidos, sumando 30 goles a favor e 42 en contra.

 

 

SD Camelle Vs UD Monte Louro

 

 

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle)

Para o adestrador dos camelláns : “As circunstancias que estamos a vivir son excepcionais, teñen, e van a ter, unha influencia en todos os aspectos da nosa vida cotiá. No caso concreto do fútbol, e en paricular da fase de ascenso, nunca saberemos como sería si se xogara cando tocaba. Os equipos viñan cunha dinámica na liga e eso rompeuse. Pero non creo que beneficie nin perxudique a ningún equipo en particular. Ainda non se sabe cando se reanudaran as competicións, da a impresión de que esto vai a tardar”.

Para Ordóñez  no tocante a unha pequena pretempada para coller un pouco de ritmo tralo parón : “O máis lóxico e que os equipos antes de reanudar a competición puideran ter tempo de facer unha mini pretemporada. Ainda que no noso caso, e como pasou toda a temporada, seríanos moi difícil xuntar xente para os entrenamentos, debido a asuntos de traballo e estudios. Pero insisto, os que si teñen esa posibilidade como o resto do ano, deberían poder ter ese tempo para facer esa mini pretemporada”.

Sobre como vai a afectar o parón os xogadores, José Manuel cre que : “En canto a inactividade creo que lles vai afectar máis os xogadores veteranos, xa que lles vai levar máis tempo coller de novo a forma. Os lesionados van a ter máis tempo para recuperarse. Importante será o aspecto psicolóxico, cada un vai chegar cas suas preocupacións, laborais, estudos, familiares, salúde etc .

Xa bota de menos o contacto co fútbol e cos seus xogadores : “A nivel particular teño moitísimas gañas de volver a encontrarme coa plantilla, cos diretivos , aficion…”.

Un desexo e unha mensaxe moi importante do adestrador porteño dos camelláns para todos : “Moito ánimo e saúde a todos. Quedemos na casa os que temos que quedar, para que pase pronto esto, e agradecer a todas esas personas que teñen que ir a traballar polo noso ben”.

 

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro)

O adestrador dos loureses ten craro que o parón troca e influe moito a fase de ascenso : “Creo que este parón influe claramente en tódolos equipos que imos disputar esta promoción de ascenso a Liga da Costa, tanto a nivel fisico, coma psicolóxico. É como empezar de cero, non sei cal sera a resposta dos equipos ante esta inactividade. Si é verdade que os equipos recuperamos xente lesionada, ou con molestias, pero pérdese o ritmo de competición, e as dinamicas poden trocar. Vai ser toda unha loteria …Si se chega a xogar”.

Tamén ao igual co seu homónimo dos camelláns, ve necesaria unha pequena pretempada : “Non sei cal será a solución que nos proporá a RFGF cando pase toda esta desgracia. Despois está o problema da planificación dos clubes para a vindeira tempada. O de facer unha mini pretempada é algo lóxico antes de empezar a competir, o problema que vexo e si esta crise se demora no tempo e cadra co verán, non sei como aceptarían os xogadores a nivel psicóloxico. Eu creo que temos que esperar a que pase todo isto e todo volva a normalidade, e a RFGF tome as decisións o máis acertadas e xustas para todos”.

Porrúa tamén desexa saúde a todos e : “Un saludo para todos, saúde, sorte e coindense”.

 

 

SDLaxe Vs CD Nantón

 

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe)

 Antelo ve como unha “incognita” a promoción tralo parón, que si se verá influenciada pola inatividade : “O da promoción e unha incognita. pois non se sabe que vai pasar con ela, pero que vai afectar os equipos é lóxico, pois antes desto estábamos todos cun ritmo de xogo donde se ía notar no campo de xogo. Agora eso truncouse.

Ve esencial que haxa unha mini pretempada en especial para evitar lesións pola inactividade : “A non ser que permitan facer unha pequena pretemporada esto vaise decidir por como estén os xogadores a nivel personal, pois non son profesionales e non teñen na casa un ximnasio como poden ter eles. Ainda así eu son partidario e me supoño que os demáis tamén deberían de permitir unha pequena pretemporada, pois polo menos para poder pelexar en condicións e que non haxa posibles lesións por inactividade”.

A mensaxe para todos de José Antelo é que: “Ante todo que cheguemos todos a promoción, eso quere decir que superamos esta adversidade”.

 

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón)

Para o adestrador dos nantoneses o que fagan os xogadores no parón na casa vai influir no rendemento : “Penso que este parón vai facer que os equipos que ao longo da tempada traballaron máis o compoñente físico, e agora o sigan traballando, (refirome a traballo desde as súas casas, con diferentes rutinas), van ser os máis beneficiados. Non sei cando se volverá á competición, pero un mes ou mes e medio, case o mesmo que o parón de verán, vai facer que, ainda que a capacidade técnica dun xogador sexa maior a doutro, pero a condición deste último é superior, no minuto 60 dun partido tan intenso como pode ser o dunha fase, lle vaia pasar por enriba ao máis técnico. En canto á recuperación de xogadores, obviamente este parón está ben, pero van competir nunha fase de ascenso sen partidos de proba previos…non sei, é algo complexo que hai que ir vendo como avanza”.

Tamén ao igual ca os seus homónimos dos outros equipos inmersos na promoción, ve necesaria unha posta a punto antes de retomar a competición : “Sinceramente, creo que a partir de que se permita adestrar, a federación debería otorgar un par de semanas antes de competir. Non a modo de pretemporada, senón mais ben a modo de volta ao campo, contacto co terreo de xogo, acostumar de novo o corpo a adestrar hora e media, adaptarse as maniotas, e a todo o que arrastra adestrar tras un parón. Pola nosa parte, estamos facendo todo o posible para que o equipo non se resinta demasiado á volta, empregando distintas rutinas de traballo para fortalecer, previr e meter compoñente de forza. Ao final, estamos en Terceira Rexional, onde os equipos que máis traballen, se esforcen e teñan as cousas claras, van ser os que saian. Con isto, non digo que ningún dos equipos teña ventaxe ou que lle desfavoreza, só que en este tempo, debemos preocuparnos polo que facemos, sexamos adestradores ou xogadores, prestar atención, dentro do posible, ao traballo autónomo, e ser conscientes de que o que se faga ou non se faga agora, vaise notar máis adiante na competición. O Nantón sabe ben que aquí non se regala nada, xa que ao longo da liga perdemos partidos en principio máis asequibles, asique non nos imos relaxar; estamos traballando para chegar o mellor posible, e imolo seguir facendo”.

Rodrigo Fachal tamén ten unha mensaxe para todos neses intres difíciles que nos toca vivir : “Agora o principal e que saiamos canto antes desta pandemia e que nos vexamso de novo todos polos campos cheos de saúde”.

 

As verbas dos adestradores son únicas e intransferibles. wwwpiratasdemuxia.es non se fai responsable do dito, sempre dentro da cordura, (como é neste caso).

Agradecer aos adestradores a sua colaboración exclusiva neste artigo e durante toda a tempada e desexarlle a todos eles por igual o mellor.

-Texto : piratasdemuxia.es/adestradores

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies