ENTREVISTA : JOSÉ MANUEL SIL : “NON HAI EUFORIA…NON ESTÁ NADA FEITO”.

O Volantes de Baño da man de Sil vai de celebración en celebración.

 

Se en algo é experto José Manuel Sil é en adestrar e dirixir a un equipo, e veno amosando cada vez que toma as rendas dun. Foi premiado como mellor adestrador da costa pola Asociación de Clubes da Costa na sua propia terra e volveu a ser profeta na sua terra o levar o Volantes de Baño CF a sua mellor clasificación histórica, subcampión da Liga da Costa, cando non aparecía nas quinielas, e segue a facelo grande na promoción de ascenso, na que os dous encontros que xogou saldáronse con sendas goleadas, (5-0 ao Cacheiras e 2-4 ao Villestro), a dous equipos que nas suas ligas non ascenderon direto por nimiedades.

Sil, di nos estar “eufórico”,  e di que “non está nada feito”, e non quer que nos seus xogadores apareza a ansiedade de que se acabe pronto e consigan o histórico ascenso dos de Baño. Mete os bois antes co carro e quer ser cauto, ainda que a realidade da traxectoria do equipo é de sobresainte e sabe “témolo ben e dependemos de nós”. Un empate nesta xornada antre Cahcheiras e Villestro daríalles o ascenso direto aos de Baño, un resultado que non lle valería nen aos “cacheiráns” nen os “villestristas”, pero non imos a cocer o peixe antes de pescalo. Como diríamos no argot do mar : “O aparello está no mar, as primeiras levantadas, foron boas, pero ainda non hai coma para ir pa terra”….ou quizais si, verase tras este enfrontamento direto.

 

A ENTREVISTA

José Manuel Sil

 

-Esta semana toca descanso…como o ves a promoción?”

“Pois a verdade que se nos puxo todo de cara. Non e normal que nos dous partidos os 8 minutos ganemos 2-0. Esto dounos confianza e minimizou os rivais. Pero creo que non temos nada feito. Esto e fútbol e asi como ata agora todo se nos puxo de cara, e tamén porque xogamos con moita ilusión e pasión.. En calquer momento pódese torcer. De feito creo que pode pasar calquer cousa incluso é posible que non fagamos máis puntos”.

-Dous encontros e duas vitorias por goleada…Pode ser perigoso este feito de cara a euforia que se poda crear?

“Eu non estou euforico. Estou satisfeito. Supoño que todos somos conscientes de onde vimos e de que por exemplo o domingo en Villestro do “11” titular, 7 eran dos que xogamos o ano pasado en terceira. E verdade que o halago debilita si non o sabes xestionar, e tamén que nos enfrentamos a dous equipazos, con xogadores de”fútbol”en todas as liñas, e que sen a pasión ca que xogamos ata agora vai ser casi imposible batilos outra vez. Esto da euforia depende de cada un. Pero o descoñecemento e moi atrevido”.

-Como ves os rivais?

“Son dous equipos que competiron moi ben nas suas ligas. Que son moi potentes, e creo que os equipos destas ligas traballan máis que na nosa liga. No caso do Cacheiras empatou a puntos co campión Ribeira. Esto xa e significativo. E o Villestro foi lider practicamente toda liga e perdeuna no desconto na última jornada. Creo que son equipos moi organizados os dous. Con bo balón parado. E que practican un bo fútbol quizais con distintas pautas, pero fortes tanto por fora, como por dentro. E por suposto con xogadores de outras categorías en todas liñas, como : Rego, Barcia ou Iago no Cacheiras e Gesto, Mosqera, ou Code,  no Villestro”.

-Clave a vindeira semana a visita o Cacheiras?

“Pode ser. Temos qe esperar o resultado de este domingo entre eles . E pase o que pase a nos cunha victoria máis ou incluso con un punto, e incluso podemos ascender si empatan entre eles. Témolo ben e dependemos de nos gracias o esforzo qe fixemos”.

-Hai ansiedade por que isto acabe tras unha tempada tan longa?

“Non creo que sexa ansiedade. Despois de colarnos na promoción de imprevisto, e conseguir estos resultados, o que creo que hai e unha ilusion moi grande, sobre todo na afección. E a nós non nos queda outra que dar todo para non desilusionalos, despois do apoio que nos deron todo ano cando as cousas ían ben, e tamén cando non ían tan ben. Sempre estiveron ai. E a nosa responsabilidade repito e dalo todo. En todos os aspectos”.

-Que aportaron os reforzos do inverno para crecer tanto o equipo?

“Pois o que esperábamos. Aportaron compromiso, traballoe humildade, e sobre todo fútbol. Simplemente son xogadores de futbol de verdade, e independentemente do acerto sempre suman. Esto é o perfil que buscamos e de aí o crecemento do equipo desde a sua chegada, e a identificación ca grada e cos compañeiros polas suas características e o que transmiten, cada un cas suas cualidades. Berto dounos moito gol, e sobre todo traballo e velocidade. Álex polivalencia, traballo, e goles decisivos e Jano contudencia”.

-A pena foi tanto xunto…Puidose facer máis na Copa da Costa?

“Non se pode estar a todo. Xogamos co Muxía e Malpica gardando xente importante para promoción. Asi e todo eliminamos o Muxía e perdemos en Malpica nos penaltis. Creo que demostra o competitivos que somos cando estamos metidos”.

 

CALENDARIO
SD Cacheiras 1-1 Villestro SD
Volantes de Baño C5-0 SD Cacheiras
Villestro SD 2-4 Volantes de Baño CF
Villestro SD-SD Cacheiras, (02/06)
SD Cacheiras-Volantes de Baño CF, (09/06)
Volantes de Baño CF-Villestro SD, (16/06).
CLASIFICACIÓN
1º : Volantes de Baño CF6 puntos, (2 encontros xogados)

2º : Cacheiras CF : 1, (un encontro xogado)

3º : Villestro SD : 1, (2 encontros xogados) 

 

Dende www.piratasdemuxia desexámoslle ao José Manuel Sil e o Volantes de Baño CF toda a sorte do mundo e que a vindeira tempada traiamos aquí as crónicas dos seus encontros na 1ª Galicia G2.

 

 

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies