ENTREVISTA : IVÁN CANCELA : “É UNHA HONRA PODER ESTAR O FRONTE DA SELECCIÓN GALEGA”.

Iván Cancela o pasado Domingo no encontro ante Ceuta.

 

Iván Cancela, (Anxeríz-Tordoia-A Coruña 11/07/1982), deixou o fútbol como xogador no SD Dubra de maneira prematura con tan só 24 anos tras unha grave lesón. Non dubidou un intre e o non poder ser él o que movía o balón dentro do campo decideu meterse a adestrar e movelo dende a banda por medio dos xogadores. 

Dirixeu e adestrou exitosamente a SD Dubra, Sporting Zas, Selección da Costa,  Xallas FC, (en duas etapas), e SD Sofán, este último era no que estaba na Preferente Norte, e recibeu a chamada de Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, para suplir a baixa de Manuel Mosquera na  presidencia do Comité Galego de Adestradores, cando este se foi como adestrador o Extremadura, así como na faceta de director de la Escola de Adestradores. Como xa fixera no salto de xogador a adestrador, non o dubidou e deu o salto, para tamén facerse cargo da Selección Galega de Afeccionaods, que se surte da 3ª División e da Preferente.

Este pasado fin de semana da “Ponte da Constitución”, tocou debutar na “XII Copa das Rexións UEFA”, para uscar ante Ceuta e Castela A Mancha o pase a Fase Intermedia. O debút foi do milloriño, duas vitorias, (2-0 ante casteláns e 4-0 ante ceutís), marcando 6 goles e sen recibir ningún. Unhas citas das que vos demos contada información na nosa web.

Analizamos o intre de Iván Cancela no seu papel como adestrador da Selección :

-Que sabor che queda desta primeira toma de contacto ca Selección de Afeccionados?.

“Pois inmellorable. Dende o primeiro momento a acollida foi boísima. É unha honra poder estar ò fronte da selecciòn galega. Tiven a sorte de contar con un gran grupo humano e deportivo”.

-Duas vitorias, 6 goles a favor e cero en contra…esperabas esto?.

“Non. Sabía que íamos a competir ben porque as sensaciòns eran moi boas, pero non contaba con esto. Creo que estivemos moi serios en defensa sen conceder case nada, e en ataque temos moitas alternativas e xogadores que dominan ben moitos rexistros do xogo. Conseguimos chegar a un equilibrio de xogo que nos levou a colleitar estos resultados”.

-Como ves o proximo encontro da fase intermedia ante Euskadi?.

“Duro, como non podía ser menos. Competiron nun grupo difícil con Madrid e Canarias. Contamos cos seus dous partidos para poñernos a traballar e analizalos”.

-Cal é o plan de traballo ata chegar a esta cita?.

“Por agora non o temos cerrado, pero xogaremos algún partido seguro”.

-Que destacarías da selección tras vela en competición oficial?.
“Pois que temos unha selecciòn moi competitiva e con moitas gañas e ilusiòn por defender as cores de Galicia. Temos un equipo para desenvolverse en diferente situaciòn de xogo de maneira eficaz. Ademáis dun grupo humano espectacular”.

-Foto : RFGF

-Texto : Iván Cancela/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.