ENTREVISTA AOS DIANTEIROS DA FINAL DA “LVI COPA DA COSTA” : IVÁN MATO Vs ROBER “PLADUR”.

 

 

GRAN FINAL

“LVI COPA DA COSTA DE FÚTBOL”

Este vindeiro Domingo 23 de Xuño  dende ás 17:30 horas, no Municipal do Conco, xogarase a Gran Final da  “LVI Copa da Costa”. Unha final que moi poucos, ou ninguén esperaba. O Cabana SD recén ascendido como segundo a Liga da Costa e o SCDR Esteirana recén descendido da 1ª Galicia G2. Ainda que podía mellorar moito as prestacións da copa, o troco deste ano e que os equipos grandes se estiveran xogando moito na sua maioría, fixo que se vivese unha copa con sorpresas. Quentando na previa desta gran festa do fútbol da costa, que os que mandan non pensaron máis e levárona a vispera de San Xoan, unha das festas máis grandes na maioría dos pobos de Galicia, pero pasa coma no mar, os que fan as normas son xente de tarra e non pensan na do mar. Aquí debeuse de pensar dende as cidades e esqueceron as tradicións. Pois aquí vos traemos unha entrevista dos dous dos máximos artilleiros dos dous equipos, Iván Mato por parte do Cabana SD e Rober “Pladur” por parte da SCDR Esteirana, dous homes que ven porta en xogada, e son dos que non lles tremen as pernas a hora de lanzar dende os “11” metros.

ENTREVISTA AOS  DIANTEIROS

 

 

-Como ves o rival?

Rober “Pladur”, (Dianteiro do SCDR Esteirana) : “O Cabana é un equipo ó que levo tempo sen enfrontarme, pero que sei que se reforzaron esta última tempada e puderon conseguir o obxetivo do ascenso a Liga do costa, polo que espero un equipo competitivo que de seguro non poñerá nada fácil as cousas. Por outra banda, nos este ano non fixemos unha boa tempada en liga, a pesar de ter equipo suficiente para poder conseguir o noso obxetivo da permanencia en 1°Autonomica. O domingo podemos facer que a pesar do descenso, este ano quede marcado na historia do club e na memoria de todos os esteiráns e faremos o imposible porque así sexa”.

Iván Mato, (Dianteiro do Cabana SD : “Para min a Estreirana é un conxunto moi forte e con mellor equipo ca nos. Eles teñen un equipo máis completo, porque teñen xogadores que destacan moito e cun bo porteiro”.

-Como ves a a final?

Rober “Pladur”: “A final da copa vexoa como o partido máis atractivo e máis bonito que pode xogar un xogador aficionado da nosa contorna. Esta final como todas ou case todas as finales, será un encontro de ti a ti, dónde penso que pode haber varios goles”.

Iván Mato : “Mui bonita e con ganas de xogala. e poder ganala porque o equipo e a aficion merecen esa copa tanto como nos pro animarnos seguido”.

-Cales crees que son as claves para levarse a Copa?

Rober “Pladur” : “As claves da consecución da copa vai estar con respecto a nos, en que manteñamos a misma motivación e concentración que tivemos nas últimas duas eliminatorias sen subestimar o adversario. Gustaríame destacar o positivo que foi o cambio ó novo formato da Copa da Costa donde se deron moitas sorpresas, e se lle dou posibilidades a equipos de inferior categoría de poder ganar este bonito torneo”.

Iván Mato : “As claves para mín son dalo todo no campo, nunca rendirse, e loitar como asota agora. Sair con ganas, sen medo, que así podemos ter as claves para traela para Cabana”.

Desexámoslle moita sorte a ambos equipos e que gañe o mellor, e sobre todo que prime a deportividade dentro e fora do campo.

“LVI COPA DA COSTA DE FÚTBOL”

Día : 23/06

Hora : 17:30

Campo : Municipal do Conco, (Dumbría)

Árbitro principal : Adrián Pérez Rellán

Asistentes : Óscar Santos e Iván Vilanova

4º Árbitro : David Vázquez.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es