ENTREVISTA A : FRAN “PIOTO” QUE DEIXA O BANQUILLO DO FISOBER FSF DESPOIS DE TODA UNHA VIDA.

 

Fran “Pioto” dando órdes na banda.

 

Fran “Pioto” toda unha institución no fútbol sala galego deixará esta tempada de dirixir ao Fisober FSF senior, que xoga na Preferente Galicia e ao que o adestrador muxián levou as cotas máis altas do deporte na Costa da Morte disputando varias tempadas na 2ª División Nacional Feminina. Fran predidente e un dos fundadores do clube dirixirá este ano na base do clube e no seu eido chega outro da casa Dani Costa, con Santi como preparador de porteiros e Luis Sambad como delegado e ambos como axudantes. Nesta entrevista que nos fai chegar o Fisober FSF, Fran “Pioto” aclara os motivos de deixar o banco e un pouco o futuro próximo do clube, con varios proxectos abertos como é o de equipos masculinos, que xa comezarán a disputar esta mesma tempada.

 

A ENTREVISTA :

 

Deixas o banquillo do primeiro equipo despois de toda unha vida, explícanos as razón?

Despois de tantos anos sempre fai falta un cambio, co paso das tempadas a motivación non é a mesma, tanto eu como as xogadoras vámonos acomodando polo que considero que un cambio vai ser bo para elas e tamén para min, un cambio que xa leva un ano de retraso pero que por fin chegou.

 

Mellor e peor momento de todos estes anos?

O mellor son todos os fines de semana, a cantidad de nenas que pasan polo Clube, velas crecer tanto personal como futbolísticamente, e poder velas disfrutar do fútbol sala desde categorías base ata a segunda división nacional. O peor foi perder una liga a falta de 2 segundos para que rematase o partido.

 

Algo do que te arrepintas, ou que terías feito doutra maneira de voltar atrás nestes anos no banquillo?

Arrepentirme non, pero si que coa experiencia obtida durante tantos anos faría cousas doutra maneira.

 

Iso si, continúas coma presidente e faste cargo de adestrar a parte das categorías inferiores?

A verdade é que estou xa con gañas de empezar, o equipo das cadetes é un grupo que xa leva varios anos xuntos, concretamente tres en liga galega infantil, competindo moi ben e as infantiles están nun cambio de ciclo entre as que suben de alevíns e as que continúan en infantil polo que o traballo vai ser moi gratificante.

 

O proxecto infantil e cadete masculino, vai para adiante?

O proxecto vai vento en popa, case todos os nenos que se apuntaron as xornadas de portas abertas van formar parte dos equipos infantil e cadete, máis de 20 nenos xa temos confirmados e as portas siguen abertas para todos os interesados. Estamos pendentes da confirmación por parte da RFGF da liga na que vamos participar, que probablemente sexa a 1ª Galicia tanto en infantil como en cadete.

 

Como quedará o organigrama do club, equipos, adestradores, competicións?

Categoria senior feminina: Dani, Santi e Luis
Cadete, infantil e alevín feminina: Fran e Adriana
Cadete e infantil masculina: Ana e Dani
Adestrador porteir@s: Santi

 

Obxectivos do club para a vindeira tempada?

Os obxectivos como todos os anos son seguir crecendo tanto cuantitativa como cualitativamente, os equipos femininos xa están consolidados sendo referentes na comarca e ahora temos un reto moi importante cos equipos masculinos, xa que consideramos que era moi necesario dar saida ós nenos que saen da Liga comarcal de fútbol sala base da Costa da Morte.

 

É certo que tiveches ofertas?

Algunha tiven, e moi ilusionante, si o día durara 30h poderíase plantexar (ri), pero de momento vai ser imposible.

 

Maña entrevistaremos ao novo adestrador Dani Costa.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies