ENTREVISTA A FRAN FIGUEROA : “SÓ PIDO QUE O SÁBADO NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS AS RAPAZAS VEÑAN VER COS SEUS PROPIOS OLLOS O ILUSIONANTE PROXECTO DA ESTEIRANA FEMININO E UNIRSE A ÉL SE LLES GUSTA”.

Fran Figueroa presentado polas impulsoras do proxecto.

 

Este vindeiro sábado 15 de Xuño do 2024 terá lugar no Xosé Luis Vara de Esteiro, a partires das 12:00 horas, a segunda pedra do proxecto de revivir a SCDR Esteirana Feminino. A primeira foi conseguir que o clube aceptase a idea e poñer a cabeza visible co adestrador Fran Figueroa García, (Muros, 20/01/1981), todo un refernte do fútbol feminino na costa, “alma mater” na fundación do As Miúdas, e xerme do CF Dumbría Feminino, e que agora co apoio de rapazas con inquetudes futbolísticas e esteiranas, deron pulo a este proxecto e revivir ao que foi o equipo pioneiro do fútbol feminino costeiro nos anos 70. Equipo que foi homenaxeado no propio Xosé Luis Vara no 2018 cun encontro antre o ED As Miúdas, (con Fran no banquiño), e unha Selección da Costa. Nese choque algunhas das que formaran ese equipo fíxoselles un pasillo e entregouselles unha rosa nos prolegómenos do choque.

 

 

Fran Figueroa danos a sua visión nesta entrevista do que sinte, espera e desexa, e anima as rapazas a achegarse o campo esteirán este sábado para que vexan o que queren facer, e que se unan a este fermoso proxecto.

Como naceu a idea de revivir a Esteirana Feminina?

“Desta volta eu son máis “actor secundario”, as impulsoras son Leti Olveira e Bárbara Caamaño, duas xogadoras da parroquia que viron a oportunidade de armar o equipo e pedíronlle á diretiva que contactara conmigo, sabedoras que non estaba entrenando. Tras varias reunións ca directiva e cas propias impulsoras foi fácil darse conta que a aposta vai en firme e delegaron en min para formar un corpo técnico acorde ó proxecto que queremos sacar”.

Que tal está a ser a acollida da idea, (xa realidade), por parte da afección?

“Moi boa, pronto todas as partes do clube, e veciños do lugar nos arrouparon cando saleu a nova. Dicir que contamos con Manola Rodríguez como delegada, que para a vila é unha das personas de máis arraigo nos derradeiros anos no clube de maneira activa, e ainda lle sumamos como compañeira de dirección a Uxía Saborido, unha deportista de alto rendemento que viveu o deporte na élite do remo chegando a ir ca Selección Española, e agora estará patroneando o noso barco levando o peso da preparación física das futbolistas”.

Que representa para ti este novo proxecto?

Para min ter ó lado a duas mulleres como elas faime ver que o crecemento real e o paso é acorde ó destino do equipo, que non é outro que darlle desde o día 1 ó lugar e as ferramentas necesarias, e ás referentes de Esteiro terán todo o protagonismo para que compitan e medren sin mirar para atrás”.

Agora toca formar equipo e coa xornada de portas abertas do vindeiro 15 de Xuño, que te esperas?

“Non sei o número exacto de futbolistas que virán nesta primeira xuntanza o sábado , o que si sei é que temos un proxecto á medida para disfrutar do fútbol da Costa, e paga a pena volver a poñer os 5 sentidos para medrar ó redor delas a través da competición”.

E as tuas sensacións na volta o campo?

“Buff… nervos, ganas de velas xuntas, confianza por saber que vou ter a varias que SEMPRE me siguen alí onde me vai a idea. E incertidume de saber si vou estar á altura”.

 

 

Como anima Fran Figueroa as rapazas da bisbarra para o sábado?

“Só pido que veñan ver cos seus ollos o proxecto, non son de promesas, quero que se vexan en direto ás personas que imos estar ó frente, con mulleres implicadas co deporte e ilusionadas por traballar para que non falte detalle, e un club e unha parroquia implicadas e respaldando cada paso que imos dando. Non vou pedir a ningunha compromiso sin que conozan o plan, eso si, unha vez queiran afrontalo imos facer o posible por voar en EQUIPO coas mellores ferramentas posibles…Merece a pena arrimarse o sábado ó Xosé Luis Vara”.

O SCDR Esteirana Feminino, ao que lle desexamos toda a sorte do mundo, (en especial a Fran, colaborador da nosa web dende que aterrizou no fútbol feminino), pasaría a engrosar a nómina dos equipos costeiros na 3ª Galega Feminina, unha liga tremendamente fermosa e comparable ca dos homes en interese dos afeccionados, polos pobos que a forman.

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Fran Figueroa : FaceBook Veteranos Dumbría

-Foto presentación e demáis : SCDR Esteirana/Fran Figueroa

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies