ENTREVISTA A FERNANDO SORIANO : “ALGÚN RETOQUE VAI A HABER”.

 

Fernando Soriano, Director Deportivo, subliña que na temporada que agora conclúe “foi moi significativa esa piña, esa unión do grupo nos momentos difíciles; e logo por suposto a axuda da nosa xente, de #ANOSAFORZA. Foi incrible. Desde o primeiro momento até o final nunca deixaron ao equipo só. O Dépor sempre estivo acompañado en todos os sitios, en ABANCA-RIAZOR. E é moito máis fácil saír deses momentos delicados con ese apoio”.

Resalta tamén que “a conexión corpo técnico-xogadores-afección foi a clave máis importante para conseguir o éxito”.

Lembra da temporada momentos clave nos que “o equipo rexorde ao final dos partidos cun gol importante: CD Arenteiro ou Barcelona; levantarse despois de Irún, nun partido no que o equipo non estivo ben; e chega o mes de xaneiro no que o equipo colle esa dinámica e logra mantela”.

De cara a esta próxima temporada en Segunda División Fernando Soriano opina que “máis da metade do equipo está formado. Temos unha boa base e a partir de aí todo o que vexamos importante para mellorar, sen descompor o grupo e que sexa para mellorar o rendemento no campo valorarémolo. Algún reforzo vai haber”. 

Con todo iso albisca un escenario futuro “bonito. Saímos do concurso de acredores, un club cunha previsión dun proxecto importante non só a nivel de primeiro equipo masculino senón tamén feminino. Tamén en Abegondo unha reestruturación para mellorar se cabe aínda máis o rendemento dos nosos rapaces. É un proxecto moi bonito no que debemos de remar todos na mesma dirección”. David

 

****

Mella convocado pola Sub 19

David Mella Boullón (Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005) concentrarase este venres 28 de xuño coa selección española sub-19 na localidade alacantina de Alfaz del Pi para preparar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría que se celebra en Irlanda do Norte do 13 ao 28 de xullo.

Ao termo desta concentración, concretamente o 12 de xullo, produciranse 5 descartes.

Dinamarca, Francia e Turquía son os rivais dos españois na fase de grupos do Campionato de Europa.

O calendario de partidos de España é o seguinte:

Martes 16 de xullo
15:30: DINAMARCA – ESPAÑA, en Inver Park (Larne)

Venres 19 de xullo
19:00: TURQUÍA – ESPAÑA, en Seaview (Belfast)

Luns 22 de xullo
19:00: ESPAÑA – FRANCIA, en Inver Park (Lane)

Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.

-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo