ENTREVISTA A AUGUSTO CÉSAR LENDOIRO DO PASADO, PRESENTE E FUTURO DO RC DEPORTIVO, (SEN CENSURAS).

A entrevista comeza no minuto 5:30 despois da música de cabeceira.

 

O ex presidente do RC Deportivo, Augusto César Lendoiro visitou os Estudios de Producciones Uno TV, para falar do pasado, presente e futuro do Deportivo con Pablo Barron, como entrevistador.Emiteuse nas emisoras do grupo Universal Radio/ Cadena Iberica e para Cadena Media TV.

Nesta entrevista, a que fomo invitados a asistir e polo que lles agradecemos enormemente aos orgañizadores, comezouse falando do pasado, da creación do que sería o SuperDepor e o EuroDepor, para logo falar do presente e da mala situación actual, e tamén do futuro que se lle augura.

Unha entrevista chea de anédotas, datos, e moitas cousas que non se sabían, ou que non de boca do propio Lendoiro, que amosou a sua soltura a hora de debatir e falar de todo o que envolveu e envolve o Depor.

Bebeto, Mauro Silva, Luiçao, Rivaldo, Djalminha, (“Disfrutaba con equipos coma Madrid, Barcelona, Celta…non o podías mandar a Valladolíd, Segovia, etc…Era un crack, era un Ronalfinho”), Flavio Conçeiçao, foron nomes que se puxeron sobre a mesa e cousas sobre eles.

“A xente falaba do Deportivo, que tiuña que andar ca droga, palabras que fixemos que se cambiase. O Deportivo tiña mellor plantilla que Madrid e Barcelona”.

Tocou o tema do seu paso pola política, sobre a débeda do clube que segundo él : “A deuda neta non a débeda bruta que figura, non é esa que se fala de 260 millóns, por levalo a él a carcel, a débeda podería nadra nos 95-100 millóns, restando o que había no banco e o que a nós nos deben”, e que “O cargo do presidente ten que estar remunerado, non pode ser dos millonarios, hai que adicarse de sol a sol”.

 

 

Preguntouse en voz alta : “Como é ese crédito dos 15 anos, no que ten que haber algo que non encaixa, teríamos que saber eses datos”.

Barrón tamén lle preguntou sobre os amaños cos que baixara o Deportivo : 2Baixamos con 43 puntos, algo ínédito. Unha serie de equipos xa tiñan predeterminado dende facía tempo e o que o necesitase ía a ter os puntos. Non contábamos Galicia nen Asturias neso”.

Tamén tocaron o tema da relación con Méndez : “O único que lle fixo Jorge Méndez o Deportivo foi favores. A inmensa maioría ainda que aquí non trunfaro, si o fixeron despois noutros clubes”.

No 2013-14 co concurso de acreedores : “Querían afundir ao Deportivo e así afundir a Lendoiro. Querían dar un golpe de estado”.

Non dubidou a falar sobre a persecución sufrida pola Voz de Galicia : “As 4 primeiras páxinas da Voz de Galicia adicábanmas a min. A nova era eu, cousas do xulgado, e cousas así e abaixo en pequeno o peche da Fábrica de armas, algo increible. Basta que foras amigo meu, que xa o eliminaban. Por exemplo a Pepe Domingo Castaño, nuns premios que o eliminaron o contar como amigo meu”.

Sobre Tino Fernández : “De fútbol sabe moi pouquiño, onde choca ca afección abertamente, cando dí o de “marca maldita”, tralo da morte de Jimmy, despois lévame a min o xulgado e eso divide, de maneira especial co de Jimmy, e hai un choque que non se une, aparte dos resultados e a mala planificación deportiva, pero eso xa é outra cousa, o peor a desunión”.

No intre actual : “Hai que levantarse xa, que se hai que batir records, e se hai unha rendixa pola que colarse nos seis primeiros mellor, e senón polo menos non pasar problemas”.

Tamén se falou indudablemente de Paco Zas : “É o que lle deu Tino as accións, chamativo, xa que se buscan accións para apoiialo. Non lle chamo pucheirazo, porque son as decisións que tomas…Hai unha serie de accións que se debeu informar e como é o que nos espera con ABANCA, que se son as que se dín, non vexo doado que sexa viable a 2ª B, porque se hai que gara a ABANCA e a outros acreedores e pasas a 8 ou 10 millóns de presuposto a ver que xogadores vas fichar. Son cousas que hai que explicar”.

“O problema máis gordo é a desunión. Hai que unir, que é o que antes tíñamos, salvo o día do Granada que me cantaron o de dimisión, primeira vez en 25 anos. Tería que chegar un presidente que aunara, que ilusionara a afección”.

Foi taxante ante a pregunta de se volverá : “Non, non, de ningunha maneira, eso xa pasou”. E non vai a Riazor, “e iso que me invitan a ir a palco, en especial con este presidente, pero véxoo na casa”.

Mira o vídeo no que tes moito máis ca o que falamos neste pequeno resumo.

 

-www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza do vertido neste vídeo.

-Vídeo : Estudios de Producciones Uno TV

-Foto : Captura do vídeo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies