Para o partido do domingo 30 ás 19:00 horas, (18:00 GMT), contra o Real Racing Club de Santander póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 21-22. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné. En calquera caso hai que portar, ademais, a documentación requirida ao pé desta información*
Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 30 euros da Tribuna Superior e os 15 de Pavillón Inferior (Esgotada Marathón Inferior). Se as entradas adquíreas unha persoa abonada do Club presentando o seu carné, eses prezos diminúen en cada caso, situándose entre os 20 e os 10 euros.
As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:
https://bancada.rcdeportivo.
O día de partido, as entradas poden comprarse nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 h. e até o comezo do partido.
-Texto e Foto : rcdeportivo