ENTRADAS A 30 E 40 EUROS PARA LUGO…ESTO CON LENDOIRO NON TERÍA PASADO.

 

Somos moitos os deportivistas que viaxamos co equipo con maior ou menor asiduidade. O seguir na Segunda División, o primeiro que mirou o deportivismo foi : a ver cando nos toca co Lugo, Ponferradina, Oviedo, Xixón e Santander. Como mínimo estes 5, pois en Primeira División non hai campos preto aos que ir e hai que tirar de campos máis lonxanos coma Bilbao, Eibar, Alava, etc.

Con Lendoiro vivimos os mellores anos, décadas, tempos, (como queirades chamarlle), do Depor a nivel deportivo. 1 Liga Española de Fútbol, (só hai 9 equipos dos preto de 90 que pasaron por ela que a teñan), 2 Copas do Rei, 3 Supercopas de España, unha semifinal de Champións e unha semifinal de Recopa de Europa, amén de grandes xestas e varios subcampionatos de liga. Todo esto fixo que moitos non¡s sentísemos atraidos polo Deportivo, e que moitos nacesen xa sendo deportivistas dende a barriga da suas nais.

Non quero ser groseiro e tampouco ninguneo o bo traballo de Tino Fernández, ca creación do equipo feminino, do da Liga Genuine, cos buses a Riazor e buses de balde a moitos campos de España, coa camiseta da bandeira galega, e ca modernización de Riazor e do clube no ámbito institucional e nas redes.

Con todo iso ao que imos, o titular deste artigo : “Entradas a 30 e 40 euros para Lugo…esto con Lendoiro non tería pasado”.

Augusto César Lendoiro xa será criticado polo asunto económico, que é debate por todo canto consigueu deportivamente e do cal o madridismo xornalístico naconal ainda está escocido, para tratar de convencerse que todos aqueles días de groria e miserias dos seus non tiveron pasado.

Lendoiro cos equipos que moven afección rumbo a Riazor, e de Riazor rumbo a outros campos, abría debate e chegaba a acordos para establecer un prezo económico das entradas para os que viñan, e para nós cando íamos fora, polo que este despropósito no prezo de entradas que estableceu o presidente do CD Lugo, para tratar de sacar tallada, con Augusto, non tería pasado.

Hai que ter en conta que o “Ánxo Carro”, (non “Ángel Carro” como lle chama a prensa anti-galega coruñesa), está a ter unhas entradas de antre 700 e 3.500 afeccionados cada encontro, e de ser máis coherente e ter menos carisma de aproveitado o presidente lucense, o vindeiro Domingo a cifra dobraríase de seguro e ademáis de ser máis económico serían moitísimos os que aproveitarían para pasar a fin de semana completa na fermosa cidade de Lugo.

Esto con Lendoiro non tería pasado..

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies