ENROLES DEPOR 2026/27 : “O medio ofensivo neerlandés Teun Gijselhart, primeira fichaxe do Depor”.

O Depor xa ten confirmada a súa primeira incorporación para a tempada 2026-27. O conxunto branquiazul anunciou a contratación do centrocampista neerlandés Teun Gijselhart (Ámsterdam, Países Baixos, 6/05/2005), que queda vinculado á entidade coruñesa ata xuño de 2030.

Non era un segredo a voces, era unha fichaxe confirmada a finais da pasda liga polo club de proecenecia e polo propio xogador, ambos falaron dun desenvolso de 1 millón de euros por parte do RC Deportivo.

Con apenas 21 anos, Gijselhart chega a Riazor tras completar unha notable campaña nas filas do De Graafschap, equipo co que disputou 39 encontros oficiais e repartiu dúas asistencias, confirmándose como unha das promesas con maior proxección do fútbol neerlandés.

O novo futbolista deportivista conta tamén con experiencia internacional nas categorías inferiores da selección dos Países Baixos, defendendo as cores do seu país nos combinados sub-15 e sub-17.

A pesar da súa xuventude, o centrocampista xa sabe o que é competir na máxima categoría do fútbol neerlandés. Durante a campaña 2024-25 formou parte do PEC Zwolle, acumulando minutos e experiencia na Eredivisie antes de continuar a súa progresión deportiva.

A súa formación desenvolveuse na prestixiosa canteira do AZ Alkmaar, unha das máis recoñecidas dos Países Baixos, onde adquiriu os fundamentos futbolísticos que lle permitiron dar o salto ao fútbol profesional. Posteriormente tamén militou no filial do PEC Zwolle.

Segundo di o propio clube, coa chegada de Teun Gijselhart, o Deport, “incorpora ao seu proxecto un futbolista novo, con marxe de crecemento, talento e capacidade para reforzar a medular branquiazul de cara ás próximas tempadas, nun movemento que evidencia a aposta do club por xogadores de presente e futuro”.

Primeira palabras

O xogador que se expresa bastante ben en castelán deu as suas primeiras impresións no estadio de Riazor. Telas vendo o vídeo de Youtube : 

.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”