O RC Deportivo continúa apostando pola mocidade e o talento de proxección coa incorporación de Bright Ede, central polaco que chega procedente do Motor Lublin e que queda vinculado á entidade branquiazul até xuño de 2031.
Nado en Varsovia o 18 de febreiro de 2007, Bright Ede está considerado unha das promesas do fútbol polaco. Internacional coa selección sub-19 do seu país, o defensa chega á Coruña despois de dar un importante paso adiante na Ekstraklasa, a máxima categoría de Polonia.
A pasada campaña disputou un total de 17 encontros oficiais co primeiro equipo do Motor Lublin, logrando ademais un gol e consolidándose como unha das grandes revelacións da competición, malia a súa curta idade.
Trátase dun defensa central zurdo que destaca pola súa fortaleza física, velocidade e capacidade para defender tanto con metros ás costas como en bloques máis baixos. Ademais das súas condicións defensivas, Ede tamén sobresae pola tranquilidade e personalidade para sacar o balón xogado desde atrás, unha das características máis valoradas no fútbol actual.
Co seu fichaxe, o Dépor reforza a liña defensiva cun futbolista de enorme proxección, chamado a seguir medrando no fútbol profesional e que chega a Riazor como unha clara aposta de presente, pero sobre todo de futuro.
Así se presentaba nun vídeo que publicou o clube a sua chegada A Coruña esta mesma mañán : “Escollín o Dépor porque escoitei moi boas referencias do club. Tiven unha reunión co director deportivo, explicoume o proxecto e realmente penso que o club pode conseguir grandes cousas. Vexo o meu futuro aquí. Forza Dépor!”.
O Depor asegura así os servizos dun dos centrais novos con maior marxe de crecemento do fútbol polaco, nun movemento que encaixa coa política de incorporar talento novo con potencial para consolidarse nas vindeiras tempadas.
Ede, 8como apunta nas suas camisetas), de 1´93 de altura chega traspasado, cun conterato por 5 campañas, (ate o 30 de xuño do 2031), pero non trascendeu a cantidade que pagou o noso clube pola sua fichaxe, o que sí se fala e que amosou interese por él o Chelsea, o Manchester United e a Roma, pero foi o Depor o que máis puxo sobre a mesa.
O xove central polaco convértese é o terceiro enrole do Depor para a 2026/27, tralas chegadas de Teun Gijselhart e Leo Román.
–
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”