Jairo nun pre-encontro do Depor cos Piratas de Muxía.
Hoxe fixo púbrica a primeira fichaxe o RC Deportivo e ven con boas novas pois non é outro que Jairo Noriega Figueroa (A Coruña, 14 de agosto de 2003), que retorna tras desvincularse a tempada pasada do equipo do seu corazón e tras facer unha extraordinaria campaña no Ourense CF.
Xa se fala na prensa “bulómica”, (palabro que significa, que é dada os bulos), que será cedido ao Racing de Ferrol, e todo sin que o novo adestrador, Antonio Hidalgo dicte sentenza, pero o que é certo e que nos enche de satisfacción e que chega de volta e asina ata o 2028 e con opción a unha tempada máis.
Jairo, formado no RC Deoprtivo desde benxamíns, da mesma xeración que Dani Barcia, é un centrocampista ofensivo que xogou 29 partidos nesta pasada tempada no Ourense CF, marcou 2 goles e deu 3 asistencias, ademais de disputar 4 partidos en Copa do Rei, con 2 goles e 1 asistencia.
En Segunda Federación co Fabril (tempada 2023-24) disputou 26 partidos, con 2 goles e 2 asistencias.
Debutou co primeiro equipo o 1 de novembro de 2023, con motivo do partido de Copa do Rei entre o Depor e o CD Covadonga disputado en Langreo.
Jairo Noriega tamén xogou dous partidos co Xuvenil A na Youth League (tempada 2021-22), ante o Maccabi Haifa e o Dinamo de Kiev, ambos en Riazor.
Tal e como apuntan dende o RC Deportivo no anuncio da sua fichaxe : “Con este futbolista coruñés, o Club redobra a súa aposta polo talento formado na Cidade Deportiva de Abegondo co obxectivo de ir sentando as bases do RC Deportivo do futuro”.
Benvido Jairo e que amoses a tua calidade e quedes no Depor e nos fagas disfrutar na vindeira tempada ca tua calidade…Que teñas boa proa!!!.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”