ENFRONTAMENTOS, HORARIOS E CAMPOS DA “COPA DA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL GAÇELICO” QUE SE DISPUTA ESTE SÁBADO EN MAZARICOS.

 

Tal e como vos informamos en primicia, este vindeiro sábado terá lugar nas localidades de Pino do Val e a Picota, do Concello de Mazaricos, a “Copa da Asociaión de Fútbol Gaélico”, en Mazaricos. Será a primeira vez que este deporte se xogue na Costa da Morte, e ademáis será a primeira vez que un equipo da nosa bisbarra. O CF Mazaricos que se formou para esta copa, será un dos participantes.

Aquí che traemos o cadro cos enfrontamentos, os horarios, e os campos nos que se xogará a Copa. Todo da man do noso colaborador, Jorge Villar “Gorrión”, que ademáis participará co equipo mazariquense.

A nosa web foi o primeiro medio de comunicación da Costa da Morte en dar visibilidade a este deporte, co seguimento, con crónicas e fotos durante toda unha temporada do Fillos de Breogán, da Coruña, cando este deporte ainda non era federado en Galicia.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies