O Elxe CF con toda a razón do mundo fixo un duro comunicado sobre a situación que está a vivir. O equipo ilicitano está a espera de que se resolva unha situación na que hai un só culpable, ao que a LFP por intereses propios e en contra do resto de equipos perxudicados, está a axudar e a lavar unha imaxe que de por si apesta. Non hai máis voltas, todos vimos como o Fuenlabrada acumulou unha cantidade inxente de neglixencias, (viaxar sen cumprir os protocolos, sen médico, ocultando positivos de COVID-19…). Todo isto se pasase nun pais civilizado xa tería unha sentenza e sen darlle máis voltas, pero pasou en LaLiga, disque “a mellor liga do mundo”, (en fin!!!).
No medio deste sensentido a Liga convocou ao RC Deportivo, con varios xogadores xa nas suas casas a facer test por se se xoga o encontro este mércores contra o clube madrileño, na procura de metelo no Play-Off contranatura.
O conxunto ilicitano xa canso, (coma todos nós), fixo un comunicado que pouco despois contestou o Fuenlabrada, que vive nun conto de fadas propiciado polos apoios da “familia” Tebas e as suas máquinas desestabiladoras xornalistas, (por chamerlle algo) :
COMUNICADO ELCHE CF
En relación aos feitos dos últimos días e á non definición dunha data para disputar o playoff de ascenso a LaLiga Santander, desde o Elxe CF defendemos que este caso ten que resolverse de forma inmediata, xa que hai un claro prexuízo tanto agora, que non sabemos data para competir, como para a planificación deportiva da próxima tempada. Neste sentido, hai catro equipos seriamente prexudicados, entre eles noso Elxe CF, que está a poñer en risco a saúde do seu persoal, adestrando sen saber data para competir, e aumentando cada día o risco ao que se expón. Non pode ser que o infractor sexa o principal beneficiado. O feito infractor do CF Fuenlabrada é flagrante, tan relevante e evidente que non hai necesidade de maiores probas. Mesmo ocultou os casos, segundo as súas propias manifestacións. A conduta do CF Fuenlabrada foi neglixente e agora convértese en rayana co dolo e a obstrución da instrución do caso. Ademais, a súa maneira de actuar alterou a competición e a orde deportiva. Por último, o Elxe CF quere mostrar o seu recoñecemento ao noso persoal e corpo técnico; están a facer un esforzo tremendo.
.
.
COMUNICADO FUENLABRADA CF
Desde o CF Fuenlabrada non podemos máis nada que lamentar o comunicado emitido hoxe polo Elxe Cf. Reservámonos o dereito para emprender accións legais polas acusación que verten no mesmo no que nos sinalan como o “infractor”, falan de condutas “neglixentes” e mesmo que raian co “ dolo”, cando Comité de Competición da RFEF e o Xuíz de Disciplina Social de LaLiga manifestaron que non hai indicios suficientes que así o indiquen. Doutra banda, salientar que o CF Fuenlabrada non obrou de forma que adulterase a competición como sinala o club ilicitano. Queremos lembrarlle ao Elxe CF que, se considera que a competición foi adulterada por non xogarse todos os partidos ao mesmo tempo, debería elevar a súa queixa ás institucións deportivas competentes que tomaron a decisión (RFEF, LaLiga e CSD). Por último, mostrar a nosa comprensión con xogadores e corpo técnico do Elxe polo feito de que non haxa aínda ningunha solución a un problema xerado por unha pandemia mundial pola que, lamentablemente, víronse afectadas diferentes categorías do noso fútbol. Un problema do que nós (e outros tantos equipos) tamén somos vítimas e do que entendemos que a única solución posible é que se finalice a xornada 42 coa disputa do RC Deportivo-CF Fuenlabrada.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Elche CF/Fuenlabrada CF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.