ENEKO BÓVEDA RENOVA ATA 2022.

 

Eneko Bóveda Altube, (Bilbao, Biscaia, 14 de decembro de 1988), continuará dúas temporadas máis nas filas do Deportivo. Bóveda, que chegou ao Dépor no mercado invernal da Temporada 2017-2018, ampliou o seu contrato coa entidade coruñesa até o verán de 2022. Nas súas dúas temporadas e media nas filas deportivistas, o lateral dereito ou central vasco xogou 64 encontros coa camiseta branquiazul, dos que 8 foron en Primeira División, 51 en Segunda, 3 de playoff de ascenso a Primeira e 2 de Copa do Rei. Cabe destacar a ampla experiencia de Bóveda na Segunda División B, na que acumula 119 encontros, 30 co Bilbao Athletic e os outros 89 coa SD Eibar, coa que ademais logrou o ascenso a Segunda no curso 2012-2013.

Eneko Bóveda que a pasada tempada foi un dos capitáns do equipo, pecha así o lateral dereito que disputará co xove Valín. Un dato a favor do vasco é a sua polivalenza da que xa fixo uso no clube branquiazul, xogando tanto de lateral coma de central.

No capítulo de renovacións falla saber se Keko Gontán continuará na Coruña. Ten ofertas doutros clubes de 2ª División, pero parece que non son do seu agrado, e negocia por seguir na Coruña onde se sente moi a gusto. Por outra banda, sgue sen concretrse a saida de Rolán, a pesares de que a prensa gala afirmaba haber acordo antre o xogador e o Nimes Olympique.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies