ENEKO BÓVEDA PRIMEIRO LESIONADO DA PRETEMPADA “COVIDIANA” E LUISITO DEIXA DE SER ADESTRADOR DO FABRIL.

Bóveda no adestramento de onte.

 

O xogador vasco do RC Deportivo Eneko Bóveda é o primeiro en caer e non é por coronavirus, senón polos danos colaterais do parón por él. Nista pretempada que nos demos en chamar “covidiana”, o xogador vasco sufreu unha lesión muscular no biceps femoral da sua coxa dereita, pero non nos din o grao da mesma.

Así nolo comunica o RC Deportivo no parte médico : “Eneko Bóveda, sometido esta mañá a probas médicas, sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita. O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos”.

Unha porta aberta a David Simón ou a Valín, xa que esta lesión supón un paso atrás para eneko Bóveda que máis seguro que lle coste o posto, a non ser que a lesión sexa mínima, de só molestias.

 

Luisito non continurará no Fabril

Segundom nos informan dende o RC Deportivo, Luisito deixa de ser adestrador do Fabril : “O Real Club Deportivo comunicou esta tarde a José Luis Míguez Iglesias, ” Luisito”, tras a finalización das competicións da RFEF, que non continurá a próxima tempada como adestrador do Deportivo Fabril. Tampouco continuará na estrutura do Club o preparador físico Roberto Valdés. O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Lusito e Roberto a súa aposta e traballo durante o último ano á fronte do filial branquiazul, desexándolles toda a sorte a nivel persoal e nos seus futuros proxectos profesionais”.

Non estamos dacordo ca medida, xa que nos parece o adestrador idóneo para a canteira, pero esta pode ser a porta a chegada de Valerón como adestrador fabrilista.

 

-Fotos : RC Deportivo

Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies