Podería ter gustado máis o menos o lateral vasco, Eneko Bíbeda. Podería ser mellor ou peor, pero ninguén poderá poñer en dúbida, que foi un fulano que o deu todo no campo, con mellor ou peir sorte, pero non se lle pode dicir que non suou a camiseta. Nunha cousa na que sempre foi dos mellores foi a hora de saltar as roldas de prensa, nas boas e nas malas, nunca tivo pelos na língua e sempre falou con criterio, e sen usar os típicos tópicos nos comentarios como a grande maioría dos xogadores, que algúns, mellor sería que non saisen a falar, nen a analizar encontros, pero bueno, se Camacho vale para estar de comentarista, calquera vale para cura.
Estas son as palabras de despedida de Eneko Bóveda:
“É o momento de dicir adeus.
Foron anos de emocións fortes, situacións inesperadas, obxectivos non cumpridos, crises, curtas pero intensas alegrías e moito desgaste.
Quero, en primeiro lugar, mandar un abrazo moi forte a todos os compañeiros (non só futbolistas) que con diferentes labores e responsabilidades compartiron comigo a ilusión por poder chegar a achegar todo o seu traballo nun renacer do club. Que chegaron soñando con vivir un momento de gloria e tivéronse que ir sen poder alcanzalo. Tamén, claro, aos que seguen dentro loitando.
Grazas, doutra banda, aos afeccionados que, aínda sufrindo polos malos resultados do equipo, fixeron un exercicio de empatía, sabedores de que unha palabra de ánimo, un xesto de agarimo, sempre será unha mellor achega que o reproche. Foi unha pena non poder sentir o voso alento máis preto o último ano, pero sinto afortunado de poder coñecer Riazor nunha gran tarde. Pronto teredes ao Deportivo en primeira, e poderedes gozar da alegría plena, orgullosos do que demostrastes nos días menos claros.
Pero Coruña tamén foi adaptación, amizades, Familia, Niko. Por iso, por encima de todo gustaríame ter unhas palabras de sincero agradecemento a todos aqueles que con detalles do día a día coidaron do meu pequeno equipo, que puxeron o seu esforzo e corazón para que sentísemos en casa.
O club segue o seu camiño. Con traballo, proxecto e tempo volverá a un lugar de prestixio. E nós volveremos para saudar aos nosos amigos.
Moitas grazas e forza Dépor. Laster arte Galizia”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/Eneko Bóveda