ENCONTROS SOLIDARIOS EN DUMBRÍA O 4 DE XANEIRO, DAS SELECCIÓNS DA COSTA MASCULINA E FEMININA.

Mesa de presentación do Encontro Solidario.

 

Presentado o doble partido solidario do Fútbol da Costa, que terá lugar o vindeiro 4 de Xaneiro do 2023 en Dumbría, e que acollerá un enfrontamento dunha selección da costa masculina, e outra feminina. O evento deportivo terá caracter solidario.

No acto de presentación desta iniciativa estiveron presaentes : 
– Óscar Leis (Quepasanacosta)
– Rebeca Veiga López (Cruz Vermella)
– Silvia Cancela (directiva da Real Federación Galega de Fútbol)
– José Manuel Pequeño (alcalde de Dumbría)
– Kevin Cabado (adestrador do Real Club Deportivo Abanca B)
– Manuel Castiñeira (directivo do Bergantiños C.F.)

O diario dixital Quepasanacosta organiza un doble Partido Solidario, que se celebrará o 4 de xaneiro nas instalacións do Conco, Dumbría. Co apoio do Concello de Dumbría, a Cruz Vermella, e a Real Federación Galega de Fútbol, o diario pon en
marcha ás dúas Seleccións da Costa da Morte-QPC.

Dous combinados que nacen da Gala de Premios do Fútbol da Costa-QPC que o diario organiza cada ano, a través dos cales máis de 100 persoas vinculadas ao noso fútbol escollen aos mellores de cada temporada. O 11 ideal escollido serve de base para estes combinados costeiros.

A xornada servirá para recadar fondos que se entregarán á Cruz Vermella. Farase a través dunha Fila 0 (ao número de conta: ES57 0049 0007 2821 1192 7705) e a través da venda de donativos/rifas á entrada da xornada.

Para elo, sortearemos varias camisetas (do Dépor, da Selección Galega ou mesmo de Vero Boquete) ademais dunha máxica Noite de Hotel no Faro de Lariño.

 

Os adestradores durante a presentación.

 

A Selección Feminina conta ademais coa colaboración de Saunier Duval, Artio Weicon e Farmacia Miguel Lestón Fabeiro. Os seleccionadores da Selección Feminina serán Fran Figueroa (adestrador do Dumbría) e Rupper (adestrador do Xallas); e do Combinado Masculino serán Diego Lobelos (escollido o ano pasado como Mellor Adestrador), coa axuda de Marcos
Domínguez (nas Escolas Deportivas do Concello de Carnota).

Marta García, delegada do San Lorenzo, e escollida como Delegada do Ano, será a que faga as labores para ambos combinados.

O evento contará coa colaboración de Josiño Mira, da Radio Nordés-Cadena Ser, como speaker.

PROGRAMA:
– 17:00h: Selección da Costa QPC Feminina – Dépor B
– 19:00h: Selección da Costa QPC Masculina – Bergantiños

 

-Fotos e Texto : Ubaldo/QPC

-Texto : piratasdemuxia