Este ano o fútbol sala non para pola Semana Santa e tampouco para o Fisober na que os seus catro equipos en liza compiten en ata tres días.
O primeiro equipo visita Burela para enfrontarse ao ADC Burela Pescados Rubén o filial do considerado mellor equipo do mundo. Dentro da segunda xornada de liga Preferente Galicia Feminina no seu subgrupo A. Será o vindeiro sábado día 3 a partires das 18:30 horas no P. Monte Castelo. A colexiada asignada é Tania María Penabad Canel.
Na primeira xornada as do filial burelao caían por catro a cero fronte ao Ribeira-Lieders mentras que o Fisober gañaba por idéntico resultado ao Meigas, pero iso non quere dicir nada xa que despois de máis dun ano sen xogar estas primeiras xornadas son de toma de contacto, ademais as costeiras seguen ca súa praga de baixas e aínda non saben con que xogadoras van poder contar.
O cadete feminino xoga coma local nas I.D. de O Conco en Dumbría o vindeiro venres día 2 a partires das 18 horas enfrontándose ao Error Ferrol A Fervenza dentro da segunda xornada da Liga Autonómica cadete Feminina no seu grupo Norte. O colexiado asignado é Rafael Alberto Tovar Rodríguez.
Na primeira xornada o Fervenza caia por dous a tres fronte ao Ribeira-Lieders, curiosamente co mesmo resultado co que vencía o Fisober ao Viaxes Amarelle.
O infantil masculino xoga coma local nas I.D. de O Conco en Dumbría o vindeiro venres día 2 a partires das 12 horas enfrontándose ao Imafer O Parrulo dentro da segunda xornada da Liga Autonómica Infantil masculina no seu grupo Norte C 1ª fase. O colexiado asignado é Jairo Mosteiro Varela.
Na primeira xornada O Parrulo goleou por 6 a 1 ao Stellae, mentras que o Fisober caia pola mínima ante o Santiago Futsal.
O cadete masculino visita A Coruña para enfrontarse ao Academia Red Blue 5 Coruña B dentro da segunda xornada da liga Autonómica cadete masculina no grupo Norte D 1ª fase, será o vindeiro domingo día 4 a partires das 17 horas no P. do Ventorrillo. O colexiado asignado é José Manuel Juncal García.
Na primeira xornada o filial do 5 Coruña igualaba a dous goles co Stellae, mentras que o Fisober caia por dous a sete fronte ao Hércules.
-Foto : Fisober FSF
-Texto : Luis Sambad
