EN PRINCIPIO ESPÉRASE REANUDAR AS LIGAS DE FÚTBOL PROFESIONAL EN ESPAÑA O 29 DE MAIO OU 6 DE XUÑO.

O fútbol podería voltar a Riazor a finais de Maio.

 

O “elemento” que temos como presidente da LFP, Javier Tebas dixo no día de hoxe que : “Estamos considerando a idea de voltar a xogar en España e outros paises europeos o 29 de Maio ou de maneira alternativa o 6 de Xuño”. Fíxoo nunha conferenza con varios medios internacionais. No que se refire as competicións europeas, (Champions e Europa League), a data sería a do 28 de Xuño.

Esta idea, borrador, como queirades chamarlle ten contemplada que antes de que se reanuden as competicións os clubs teñan unha pequena pretempada, xa que segundo o Tebas : “Habería tempo para comezar de novo e para adestrar respetando o protocolo de reanudación”, esto tendo en conta o que suceda neste mes de Abril. Hai que ter en conta que non tódolos paises están na mesma situación nos “picos” da epidemia, xa que namentras que en España ou Italia xa están, (ou parece ser), na caida de contaxios e mortes, namentras que paises coma Francia, Alemania ou Inglaterra, ainda non chegaron a él.

A idea é a de comezar nestas datas, pero ca mensaxe de que podería ser con encontros a porta pecahada, pois como dixo o “ínclito” presidente español : “Non podo asegurar se serán con xente ou sen xente, pero seguro que imos a terminar”.

As casas as televisións e as casas de apostas mandan e de seuro que non se terá en conta a saúde dos xogadores e dos afeccionados, pois se se levase a cabo o de xogar sen púbrico, os xogadores, técnicos e empregados dos clubes estarían expostos a contaxios, e se on hai confinamento nesas datas, como parece seguro, a asitencia de afeccionados a porta dos clubes, (salvo prohibición), sería segura, tanto para recibir o equipo, coma para animalo dende fora, como xa pasou nos casos que se deron de encontros a porta pechada.

Segndo dixo Tebas : Barállanse duas posiblidades, a de xogar competicións nacionais e internacionais ao mesmo tempo e a de comezar as nacionais a principios de Xuño e logo completar as europeas en Xullo e Agosoto”. Escenarios para os que os clubes terían que chegar a acordos cos xogadores que acaban contrato o 30 de Xuño, e tamén trocar o mercado de fichaxes para a tempada 2020/21, que comeza o 1 de Xullo e remata o 1 de Setembro, o que tamén contemplan no borrador segundo o falado na conferenza de prensa.

Con todo esto cabe esperar como evoluciona a pandemia a nivel nacional e europeo, e logo ver se nalgún caso se ten en conta algo que non sexa o “vil metal”, que é o que manda nun deporte “podrido”, desvirtuado e manipulado polo mesmo.

Con todo esto a AFE non está dacordo en nada, ou en practicamente nada, nen ca LFP nen ca FIFA que xa dixo que acepta o de prorrogar sin máis os contratos dos xogadores. No único que estándacordo todos en que se se xoga no verán que haxa paróns para hidratarse. A “guerra” xa está servida, neste deporte no que cada vez máis, o único que non interesan son os afeccionados, aos que non se teñen en conta para nada.

Unha pregunta que deixamos no aire, como afeccionados, socios e accinistas dun clube : “Quen abonará as perdas aos socios que se vexan privados de poder ir ver o seu equipo, se se xogan encontros a porta pechada, e aos que por uns motivos ou outros non poidan asistir a encontros en meses de verán?”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.