O RC Deportivo anunciou a renovación de Fernando Soriano ata o 2029, para “eguir co proxecto”. Tivo erros, e acertos, pero tras desde o 2015 ir arrastrándonos con permanenzas polos pelos, e descenso tras descenso ata a “Terceira de merda” e tras 3 anos de depresións de menos de 800 milibares, chegou Fernando Soriano para tratar de rescatar a un Depor desquiciado. A primeira que lle caeu, de moitas, foi que traía aos seus amigos do Ibiza, pero a seguinte tempada xa estábamos en Segunda, e habendo sido campións de liga e de campións de grupos.
No segundo ano continuou con Idiakez, ao que se criticaba e ascendeunos, o equipo non xogaba mal pero os resultados non eran os desexados e foi chimpado na 12ª xornada, optou por Óscar Gilsánz, ao non atopar nada que satisfacera ou que estivese dentro do apartado económico. O adestrador canteirán de Betanzos, acadou a permanenza a falla de 5 xornadas.
Chegou este terceiro ano no cargo e ata agora o seu proxectoo leva toda a tempada, (agás as primiras xornadas onde prima o golaveraxe con equipos cos mesmos puntos), antre o 1º e o 6º, sempre en postos de opción a ascenso direto ou vía promoción.
Outra das suas virtudes, (axudado pola presidencia), foi amarrar aos xoves valores, uns xa no primeiro equipo e outros fogueándose en equipos de Galicia e España.
Fernando Soriano o primeirto movemento que fai nada máis ser renovado foi anunciar a ampliación de contrato a Manuel Pablo ate 2028.
Desde piratasdemuxia.es e da Peña Os Piratas de Muxía parécenos unha boa nova a continuidade de Fernando Spriano, que o está a facer do mellor nos derradeiros 10-11 anos. Queixarse é de pouca memoria…
.
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”, (Presidente fundador do Peña Deportivista Os Piratas de Muxía)